← Volver atrás

López Rodríguez, Víctor

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Meilán, Lugo
(Lugo)
- 01/03/1910 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido
- 25/12/1979 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Chófer, 26 anos. Casou con Encarnación Seijas Flores; tiñan tres fillos. Veciños de Lugo. Víctor traballaba de chófer na Xefatura de Obras Públicas de Lugo.

Encarcerado.

En agosto de 1945 depositou o cadáver dun guerrilleiro coñecido como Picadillo nunha estrada nas aforas de Lugo; o traslado realizouno para evitar represalias sobre os donos da casa onde finara o fuxido.

Na causa 75/46 do Tribunal Militar Territorial da Coruña, en peza separada, sinálase que tiña relación co guerrilleiro antifranquista Emilio Golás Rodríguez, o Villa. Emilio pedíralle que recollese no coche oficial o corpo sin vida do dito Picadillo.

Internárono na Prisión Provincial de Lugo o 26/07/1947 e, un mes despois, trasladárono á Prisión Provincial da Coruña, onde permanece ata abril de 1948.

O día 06/02/1948 condenárono polo delito de rebelión militar con José Santiago Temprano, Maximino Rodríguez Pérez e Manuel Rábade Rodríguez. Acusábano de manter contactos co PCE e con partidas de guerrilleiros.

Desde a cadea da Coruña, doente dunha bronquite, trasladárono á Prisión Central de Burgos, na que permanece ata xaneiro de 1949.

Readmitírono na Xefatura de Obras Públicas de Lugo o día 05/05/1955.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha