← Volver atrás

Monreal Pilón, Federico

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Veciño de Madrid. Mariño da Armada, capitán de corveta con destino no ano 1936 no Ministerio da Mariña na capital do Estado.

O cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes (buque insignia da Escuadra) recibe o día 18 de xullo a orde do Goberno de saír a alta mar e dirixirse ao estreito de Xibraltar. Os mandos do barco demoraron a saída de Ferrol (A Coruña) e despois navegaron a unha velocidade menor da normal. O capitán de corveta Felipe Pinto Gómez, adepto dos rebeldes, trataba de convencer aos compañeiros da oficialidade para unirse á sublevación. Tamén se tomou a determinación de armarse dun xeito fóra do normal.

Estas actuacións dos oficiais fixeron sospeitar a mariñeiría de que trataban de unirse aos rebeldes, polo que o día 19 de xullo, fronte as costas de Lisboa (Portugal), tomaron o control do buque para mantelo fiel á República e prenderon os mandos. Tomou o mando do buque o auxiliar 2º, Manuel Rodríguez Esplugues, e despois de recalar en Tánxer (Marrocos), comandouno o capitán de corveta Federico Monreal Pilón.

A Venancio Pérez Zorrilla, comandante do barco, xunto coa maior parte dos oficias presos no Miguel de Cervantes, fusiláronos entre as dez e as doce da noite, de dous en dous, o día 7 de agosto, cando o barco fondeara fronte as costas de Málaga. Os corpos guindáronos ao mar.

Os axustizados foron: Miguel de Mier del Río, vicealmirante, Almirante da Escuadra; Venancio Pérez Zorrilla, capitán de navío, xefe do Estado Maior da Escuadra; Antonio de Padua Moreno de Guerra Alonso, capitán de navío, comandante do Miguel de Cervantes; os capitáns de corveta: Felipe Pinto Gómez e Federico de la Puente Magallanes; os tenentes de navío: Félix González Ramos-Izquierdo, Luis Rivera Chacón, Luis Espinosa Ferrandiz, Juan Laulhé Alegret, Julio Vizoso López, Luis Ugidos Soler e Juan-José Haya González; e os alféreces de navío: Manuel Domínguez Ardois e Isidro Meana Brun.

Monreal Pilón fíxose cargo do mando deste barco republicano en Tánxer (Marrocos).

O día 24 outubro de 1936 acadou o mando das Forzas Navais do Cantábrico na substitución do tamén capitán de corveta José Lara Dorda, sospeitoso de rebelde.

Foi xefe da Defensa Móbil Marítima, con base en Barcelona, desde o día 01/01/1938.

Sancionado.

Ábreselle causa por responsabilidades políticas en Madrid no ano 1939 con embargo de bens.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.