Nacemento:
Morte:
Militar. Mariño da Armada, tenente de navío; en xullo de 1936 tiña o seu destino no Estado Maior da Escuadra no cruceiro lixeiro e buque insignia da Armada Miguel de Cervantes.
Golpista. Axustizado.
O Miguel de Cervantes recibe o día 18 de xullo a orde do Goberno de saír a alta mar e dirixirse ao estreito de Xibraltar. Os mandos do barco demoraron a saída de Ferrol (A Coruña) e despois navegaron a unha velocidade menor da normal. O capitán de corveta Felipe Pinto Gómez, adepto dos rebeldes, trataba de convencer aos compañeiros da oficialidade para unirse á sublevación. Tamén se tomou a determinación de armarse dun xeito fóra do normal.
Estas actuacións dos oficiais fixeron sospeitar a mariñeiría de que trataban de unirse aos rebeldes, polo que o día 19 de xullo, fronte as costas de Lisboa (Portugal), tomaron o control do buque para mantelo fiel á República e prenderon os mandos. Tomou o mando do buque o auxiliar 2º, Manuel Rodríguez Esplugues, e despois de recalar en Tánxer (Marrocos), comandouno o capitán de corveta Federico Monreal Pilón.
A Venancio Pérez Zorrilla, comandante do barco, xunto coa maior parte dos oficias presos no Miguel de Cervantes, fusiláronos entre as dez e as doce da noite, de dous en dous, o día 7 de agosto, cando o barco fondeara fronte as costas de Málaga. Os corpos guindáronos ao mar.
Os axustizados foron: Miguel de Mier del Río, vicealmirante, Almirante da Escuadra; Venancio Pérez Zorrilla, capitán de navío, xefe do Estado Maior da Escuadra; Antonio de Paula Moreno de Guerra Alonso, capitán de navío, comandante do Miguel de Cervantes; os capitáns de corveta: Felipe Pinto Gómez e Federico de la Puente Magallanes; os tenentes de navío: Félix González Ramos-Izquierdo, Luis Rivera Chacón, Luis Espinosa Ferrandiz, Juan Laulhé Alegret, Julio Vizoso López, Luis Ugidos Soler e Juan-José Haya González; e os alféreces de navío: Manuel Domínguez Ardois e Isidro Meana Brun.
A tripulación leal á República sofre as seguintes represalias dos franquistas:
Condenaron á pena de morte a: o mariñeiro Pedro Oria García, 33 anos; o paleiro Manuel Varela Varela, 30 anos, e o cabo de artillería Francisco Cernadas Veloso, 25 anos e ao que se lle conmutou pola pena de cadea perpetua.
Cadea perpetua para: os mariñeiros Guillermo Millán Rodríguez, 22 anos; Eduardo Sestayo Lago, 22 anos; Marcelino Urcera Barros, 24 anos e Jesús Verdes Martínez, 30 anos.
Condenaron a 20 anos de cadea ao radiotelegrafista Edmundo López Brea, 29 anos.
Pena de 12 anos para: os mariñeiros Fernando Camba Rodríguez, 24 anos, e José Linares Lendoiro, 28 anos.
Condena de dous anos e un día para o mariñeiro José Docampo Basteiro, 19 anos.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: os cabos Manuel Álvarez Gil, 32 anos, artilleiro; Alfonso Barros Rodríguez, de mariñeiría, e Fernando Eiroa Mosquera, 22 anos, artilleiro; igual que o mariñeiro Antonio Fernández Teijeiro, 24 anos e o electricista Juan García Bacelo, 25 anos.
Auto de sobresemento para: os cabos Fernando Fernández Pérez, 23 anos, apuntador, e Nicolás García Feijoo, 27 anos, de mariñeiría; o electricista Emilio Fontenla Gil, 24 anos; o carpinteiro Juan López Varela, 26 anos; o fogueiro preferente Cesáreo Villaverde Pérez, 22 anos, e os mariñeiros Jesús Areosa Viñas, 28 anos; Manuel Becerra Echevarría, 22 anos; Joaquín de Castro Gestoso, 21 anos; Ricardo Collazo Canosa, 25 anos; Desiderio López González, 26 anos; José Rodríguez Lamigueiro, 24 anos; Ángel Quintanilla Tizón, 27 anos; Antonio Rodríguez Pena, 24 anos; Fernando Tojo Freire, 22 anos, e José Villanueva Aquino, 23 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.