Nacemento:
Morte:
Tiña 24 anos. Veciño de Santa María de Castro, Narón. Mariño da Armada, mariñeiro no cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes.
Fuxido. Encarcerado.
Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción (non se ter presentado a filas polo distrito de Pontedeume) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Ao remate da guerra civil pasou de Cartagena (Murcia) cara Bizerta (Tunes), despois internárono no campo de concentración da Almadraba, en Rota (Cádiz), onde o declararon adicto.
O Miguel de Cervantes (buque insignia da Escuadra) recibe o día 18 de xullo a orde do Goberno de saír a alta mar e dirixirse ao estreito de Xibraltar. Os mandos do barco demoraron a saída de Ferrol e despois navegaron a unha velocidade menor da normal. O capitán de corveta Felipe Pinto Gómez, adepto dos rebeldes, trataba de convencer aos compañeiros da oficialidade para unirse á sublevación. Tamén se tomou a determinación de armarse dun xeito fóra do normal.
Estas actuacións dos oficiais fixeron sospeitar a mariñeiría de que trataban de unirse aos rebeldes, polo que o día 19 de xullo, fronte as costas de Lisboa (Portugal), tomaron o control do buque para mantelo fiel á República e prenderon os mandos. Tomou o mando do buque o auxiliar 2º, Manuel Rodríguez Esplugues, e despois de recalar en Tánxer (Marrocos), comandouno o capitán de corveta Federico Monreal Pilón.
A Venancio Pérez Zorrilla, comandante do barco, xunto coa maior parte dos oficias presos no Miguel de Cervantes, fusiláronos entre as dez e as doce da noite, de dous en dous, o día 7 de agosto, cando o barco fondeara fronte as costas de Málaga. Os corpos guindáronos ao mar.
Os axustizados foron: Miguel de Mier del Río, vicealmirante, Almirante da Escuadra; Venancio Pérez Zorrilla, capitán de navío, xefe do Estado Maior da Escuadra; Antonio de Padua Moreno de Guerra Alonso, capitán de navío, comandante do Miguel de Cervantes; os capitáns de corveta: Felipe Pinto Gómez e Federico de la Puente Magallanes; os tenentes de navío: Félix González Ramos-Izquierdo, Luis Rivera Chacón, Luis Espinosa Ferrandiz, Juan Laulhé Alegret, Julio Vizoso López, Luis Ugidos Soler e Juan-José Haya González; e os alféreces de navío: Manuel Domínguez Ardois e Isidro Meana Brun.
Á tripulación xulgárona en Ferrol polo delito de rebelión/adhesión á rebelión/deserción (causa contra a tripulación do Miguel de Cervantes):
Condenaron á pena de morte a: o mariñeiro Pedro Oria García, 33 anos; o paleiro Manuel Varela Varela, 30 anos, e o cabo de artillería Francisco Cernadas Veloso, 25 anos e ao que se lle conmutou pola pena de cadea perpetua.
Castigaron a cadea perpetua a: os mariñeiros Guillermo Millán Rodríguez, 22 anos; Eduardo Sestayo Lago, 22 anos; Marcelino Urcera Barros, 24 anos e Jesús Verdes Martínez, 30 anos.
Condenaron a 20 anos de cadea ao radiotelegrafista Edmundo López Brea, 29 anos.
Pena de 12 anos para: os mariñeiros Fernando Camba Rodríguez, 24 anos, e José Linares Lendoiro, 28 anos.
Condena de dous anos e un día para o mariñeiro José Docampo Basteiro, 19 anos.
Declararon fuxidos e en rebeldía a: os cabos Manuel Álvarez Gil, 32 anos, artilleiro; Alfonso Barros Rodríguez, de mariñeiría, e Fernando Eiroa Mosquera, 22 anos, artilleiro; igual que o mariñeiro Antonio Fernández Teijeiro, 24 anos e o electricista Juan García Bacelo, 25 anos.
Sobresemento da causa para: os cabos Fernando Fernández Pérez, 23 anos, apuntador, e Nicolás García Feijoo, 27 anos, de mariñeiría; o electricista Emilio Fontenla Gil, 24 anos; o carpinteiro Juan López Varela, 26 anos; o fogueiro preferente Cesáreo Villaverde Pérez, 22 anos, e os mariñeiros Jesús Areosa Viñas, 28 anos; Manuel Becerra Echevarría, 22 anos; Joaquín de Castro Gestoso, 21 anos; Ricardo Collazo Canosa, 25 anos; Desiderio López González, 26 anos; José Rodríguez Lamigueiro, 24 anos; Ángel Quintanilla Tizón, 27 anos; Antonio Rodríguez Pena, 24 anos; Fernando Tojo Freire, 22 anos, e José Villanueva Aquino, 23 anos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.