← Volver atrás

Linares Lendoiro, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Carral
(A Coruña)
- 01/01/1908 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 28 anos. Veciño de San Román das Encrobas, Cerceda (A Coruña). Mariño da Armada, mariñeiro pola súa quinta no cruceiro lixeiro Miguel de Cervantes.

Encarcerado.

Combateu no exército republicano no decorrer da guerra civil.

Capturado polas tropas fascistas.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a 12 anos de prisión.

O Miguel de Cervantes (buque insignia da Escuadra) recibe o día 18 de xullo a orde do Goberno de saír a alta mar e dirixirse ao estreito de Xibraltar. Os mandos do barco demoraron a saída de Ferrol (A Coruña) e despois navegaron a unha velocidade menor da normal. O capitán de corveta Felipe Pinto Gómez, adepto dos rebeldes, trataba de convencer aos compañeiros da oficialidade para unirse á sublevación. Tamén se tomou a determinación de armarse dun xeito fóra do normal.

Estas actuacións dos oficiais fixeron sospeitar a mariñeiría de que trataban de unirse aos rebeldes, polo que o día 19 de xullo, fronte as costas de Lisboa (Portugal), tomaron o control do buque para mantelo fiel á República e prenderon os mandos. Tomou o mando do buque o auxiliar 2º, Manuel Rodríguez Esplugues, e despois de recalar en Tánxer (Marrocos), comandouno o capitán de corveta Federico Monreal Pilón.

A Venancio Pérez Zorrilla, comandante do barco, xunto coa maior parte dos oficias presos no Miguel de Cervantes, fusiláronos entre as dez e as doce da noite, de dous en dous, o día 7 de agosto, cando o barco fondeara fronte as costas de Málaga. Os corpos guindáronos ao mar.

Os axustizados foron: Miguel de Mier del Río, vicealmirante, Almirante da Escuadra; Venancio Pérez Zorrilla, capitán de navío, xefe do Estado Maior da Escuadra; Antonio de Padua Moreno de Guerra Alonso, capitán de navío, comandante do Miguel de Cervantes; os capitáns de corveta: Felipe Pinto Gómez e Federico de la Puente Magallanes; os tenentes de navío: Félix González Ramos-Izquierdo, Luis Rivera Chacón, Luis Espinosa Ferrandiz, Juan Laulhé Alegret, Julio Vizoso López, Luis Ugidos Soler e Juan-José Haya González; e os alféreces de navío: Manuel Domínguez Ardois e Isidro Meana Brun.

A tripulación fiel á República pasou polas seguintes represalias:

Condenaron á pena de morte a: o mariñeiro Pedro Oria García, 33 anos; o paleiro Manuel Varela Varela, 30 anos, e o cabo de artillería Francisco Cernadas Veloso, 25 anos e ao que se lle conmutou pola pena de cadea perpetua.

Cadea perpetua para: os mariñeiros Guillermo Millán Rodríguez, 22 anos; Eduardo Sestayo Lago, 22 anos; Marcelino Urcera Barros, 24 anos e Jesús Verdes Martínez, 30 anos.

Condenaron a 20 anos de cadea ao radiotelegrafista Edmundo López Brea, 29 anos.

Pena de 12 anos para: os mariñeiros Fernando Camba Rodríguez, 24 anos, e José Linares Lendoiro, 28 anos.

Condena de dous anos e un día para o mariñeiro José Docampo Basteiro, 19 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: os cabos Manuel Álvarez Gil, 32 anos, artilleiro; Alfonso Barros Rodríguez, de mariñeiría, e Fernando Eiroa Mosquera, 22 anos, artilleiro; igual que o mariñeiro Antonio Fernández Teijeiro, 24 anos e o electricista Juan García Bacelo, 25 anos.

Sobresemento da causa para: os cabos Fernando Fernández Pérez, 23 anos, apuntador, e Nicolás García Feijoo, 27 anos, de mariñeiría; o electricista Emilio Fontenla Gil, 24 anos; o carpinteiro Juan López Varela, 26 anos; o fogueiro preferente Cesáreo Villaverde Pérez, 22 anos, e os mariñeiros Jesús Areosa Viñas, 28 anos; Manuel Becerra Echevarría, 22 anos; Joaquín de Castro Gestoso, 21 anos; Ricardo Collazo Canosa, 25 anos; Desiderio López González, 26 anos; José Rodríguez Lamigueiro, 24 anos; Ángel Quintanilla Tizón, 27 anos; Antonio Rodríguez Pena, 24 anos; Fernando Tojo Freire, 22 anos, e José Villanueva Aquino, 23 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.