← Volver atrás

Mosquera Ríos, Florindo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Ribadavia
(Ourense)
- 01/01/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, 33 anos. Solteiro. Veciño de San Mamede de Zas, Negreira (A Coruña).

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de auxilio á rebelión, na causa 705/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Alfredo Paz Lemus, Ramón Pazos Liñares, Manuel Quinteiro Vidal e Benjamín Troitiño Beiro; condenas de cadea perpetua para: Jesús Mourelle Ramos, Gumersindo Pereiró Sanmartín e Antonio Santos Pérez; sentenzas de 15 anos de prisión para: Florindo Mosquera Ríos, Maximino Quinteiro Vidal, Herminio Suárez Arnejo e José Suárez Arnejo; pena de 12 anos e un día para Jesús-María-Juan Caamaño Caamaño; auto de sobresemento para Teresa Martínez Vieito e de absolución para José Caamaño Caamaño; quedaron en liberdade: Antonio Caamaño Rodríguez e José Fandiño Vilaseco.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Pasou pola cadea en varias ocasións e padeceu torturas.

Tempo andado volvérono prender baixo a acusación de ser enlace das guerrillas antifranquistas.

Xulgado no Tribunal Militar Territorial de Santiago de Compostela na causa 581/48.

Procesárono no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono no ano 1960.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha