Nacemento:
Morte:
Albanel, 30 anos. Veciño de Santa Baia de Logrosa, Negreira (A Coruña). Irmán de Maximino Quinteiro Vidal, tamén encarcerado.
Militante da UXT. Presidente da Sociedade Obreira de Oficios Varios de Negreira.
Fuxido. Encarcerado.
Despois de que se producira o movemento rebelde participou no Comité de Defensa da República na súa localidade; logo fuxiu.
Xulgado en consello de guerra por tenencia de explosivos, na causa 226/36, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Prendérono os franquistas en Ceilán, Sanamede do Monte, A Baña (A Coruña) o día 26/03/1938 por mor dunha delación.
Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de rebelión, na causa 705/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 13/08/1938.
Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Alfredo Paz Lemus, Ramón Pazos Liñares, Manuel Quinteiro Vidal e Benjamín Troitiño Beiro; condenas de cadea perpetua para: Jesús Mourelle Ramos, Gumersindo Pereiró Sanmartín e Antonio Santos Pérez; sentenzas de 15 anos de prisión para: Florindo Mosquera Ríos, Maximino Quinteiro Vidal, Herminio Suárez Arnejo e José Suárez Arnejo; pena de 12 anos e un día para Jesús-María-Juan Caamaño Caamaño; auto de sobresemento para Teresa Martínez Vieito e de absolución para José Caamaño Caamaño; quedaron en liberdade: Antonio Caamaño Rodríguez e José Fandiño Vilaseco.
Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua o día 20/08/1938 e pola de 14 anos de reclusión menor o día 30/12/1942.
Concedéronlle a prisión atenuada no seu domicilio o 20/02/1943 e en liberdade condicional o seguinte día 4 de abril.
Interno na Prisión Provincial de Oviedo (Principado de Asturias), puxérono en liberdade condicional provisoria o día 22/05/1943, que se publicou no BOE nº 157 do día 06/06/1943.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio a elementos fuxidos na causa 333/46.
No sinalado xuízo condenaron á pena de 12 anos e un día de cadea a José-Manuel Barca Nimo; prisión de dous anos para José Dopazo Campos; pena dun ano para Fernando-José Chacartegui Barbier. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: Félix Carro Gómez, César Gómez García, Manuel Quinteiro Vidal e Manuel del Valle Zamorano.
Estivo preso nas cadeas de Santiago de Compostela e na da Coruña. Liberárono definitivamente en novembro de 1951.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.