← Volver atrás

Suárez Arnejo, Herminio

Alcume: Arnexo de Covas
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

A Baña
(A Coruña)
- 01/01/1902 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornaleiro, 34 anos. Casado. Veciños de Santa María de Covas, Negreira (A Coruña). Irmán de José Suárez Arnejo, tamén encarcerado.

Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela (A Coruña) polo delito de auxilio á rebelión, na causa 705/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión. Procesárono co seu irmán José.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Alfredo Paz Lemus, Ramón Pazos Liñares, Manuel Quinteiro Vidal e Benjamín Troitiño Beiro; condenas de cadea perpetua para: Jesús Mourelle Ramos, Gumersindo Pereiró Sanmartín e Antonio Santos Pérez; sentenzas de 15 anos de prisión para: Florindo Mosquera Ríos, Maximino Quinteiro Vidal, Herminio Suárez Arnejo e José Suárez Arnejo; pena de 12 anos e un día para Jesús-María-Juan Caamaño Caamaño; auto de sobresemento para Teresa Martínez Vieito e de absolución para José Caamaño Caamaño; quedaron en liberdade: Antonio Caamaño Rodríguez e José Fandiño Vilaseco.

Ingresado na Prisión Provincial de Lugo o día 25/11/1939.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña e concédeselle a prisión atenuada o día 02/07/1940, cando seguía na provincial de Lugo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha