← Volver atrás

Quinteiro Vidal, Maximino

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Santiago de Compostela
(A Coruña)
- 08/11/1909 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Canteiro, 26 anos. Casado. Veciños de Negreira (A Coruña). Irmán de Manuel Quinteiro Vidal, tamén encarcerado.

Militante da CNT e vicepresidente da Sociedade Obreira de Oficios Varios de Negreira, que presidiron Jesús Lens Patiño, o Goriño, e o irmán de Maximino, Manuel Quinteiro Vidal; o secretario era o carpinteiro Roberto-David Fernández Negreira.

Encarcerado.

Prendérono os fascistas a finais de xullo de 1936.

Xulgado en consello de guerra en Santiago de Compostela polo delito de rebelión, na causa 705/36, co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.

Neste xuízo condenaron á pena de morte a: Alfredo Paz Lemus, Ramón Pazos Liñares, Manuel Quinteiro Vidal e Benjamín Troitiño Beiro; condenas de cadea perpetua para: Jesús Mourelle Ramos, Gumersindo Pereiró Sanmartín e Antonio Santos Pérez; sentenzas de 15 anos de prisión para: Florindo Mosquera Ríos, Maximino Quinteiro Vidal, Herminio Suárez Arnejo e José Suárez Arnejo; pena de 12 anos e un día para Jesús-María-Juan Caamaño Caamaño; auto de sobresemento para Teresa Martínez Vieito e de absolución para José Caamaño Caamaño; quedaron en liberdade: Antonio Caamaño Rodríguez e José Fandiño Vilaseco.

Entre 1936 e 1941 pasou polas cadeas de Negreira, Santiago de Compostela, Astorga (León) e Lugo.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Cando o trasladaban de Santiago de Compostela a Astorga fuxiu por medo a que o mataran no traslado, pero volvérono prender en Logrosa.

Procesárono no ano 1940 no Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña e indultárono.

Ao saír da cadea volveu traballar de canteiro na Ponte Maceira, Negreira.

Casou o día 13/11/1941 e viviu coa súa dona en Ordes, A Coruña, Negreira, Santa Comba, Principado de Asturias..., sempre desenvolvéndose como canteiro.

Maximino asegura que non voaron ningunha ponte en Negreira no momento do golpe, como si asegura o cura Silva Ferreiro.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha