Nacemento:
Morte:
Farmacéutico, funcionario, xornalista e político, 38 anos. Casou no ano 1927 con Isaura Gómez Pérez; tiveron unha filla e un fillo: María-Ivonne e Mario. Veciños de San Martiño de Figueiró, Tomiño. Emigrado en Portugal, onde a súa dona tiña negocios e propiedades. Secretario do Xulgado de Paz de Tomiño.
Político agrarista, presidiu a Federación Municipal Labrega Comarcal de Tomiño. Na ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja nomeárono concelleiro e presidente da Unión Patriótica (UP). No ano 1926 renunciou como concelleiro e designárono presidente da entidade local menor de San Cristovo de Goián, Tomiño. No ano 1929 foi co-organizador e tesoureiro do Congreso Provincial Agrario. Concelleiro de Tomiño, de novo no ano 1931 como agrarista. En decembro de 1933 abandonou a súa militancia agrarista e desenvolveu o cargo de secretario do Partido Galeguista (PG). Vicepresidente da Deputación de Pontevedra.
Correspondente de El Pueblo Gallego en Goián; colaborou con Heraldo Guardés, Nuevo Heraldo, El Agro, Agro del Miño.
Paseado.
Cando se produce o golpe militar rebelde acompañou a Antonio-Hipólito Alonso Ríos a Tui e á Garda, en calidade de enlaces entre os diferentes comités de defensa da República no baixo Miño.
Cando os golpistas entran en Tui, foxe a Portugal e o día 26/07/1936, préndeo a Policía Internacional e de Defensa do Estado (PIDE) portuguesa en Vila Nova da Cerdeira e entrégano aos corpos policiais españois o día 29/07/1936, que o ingresa no Seminario de Tui, entón prisión.
Xulgado en consello de guerra en Vigo (Pontevedra) polo delito de traizón, na causa 533/36, co resultado de sobresemento ao certificarse a súa morte.
O día 4 de outubro sacárono da cadea os falanxistas e asasinárono ás 06:00 h nun traslado, preto de Mondariz, despois de torturalo de xeito cruel.
Nesa data e lugar os fascistas pasearon a: Hipólito Gallego Camarero, mestre; Domingo Páramos Núñez, ferreiro; Manuel Pérez Besada, político; Manuel Piñeiro Zúñiga, industrial; Francisco Rodríguez Otero, farmacéutico, e Fernando Rubio Estévez, político.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.