Nacemento:
Morte:
Empresario agrario e político, 33 anos. Veciño do Urzal, San Xoán de Barcela, Arbo. Tocaba na Banda de Música de Arbo e tamén o órgano na igrexa desa localidade. Tiña un viveiro no seu domicilio.
Encarcerado. Paseado.
Despois do golpe rebelde detivérono e ingresárono na Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra), de onde o sacaron os fascistas para pasealo.
Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.
Nese lugar e data os represores asasinaron a seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez, José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.
Soterráronos nunha fosa común en Cotobade.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.