Nacemento:
Morte:
Camareiro e político, 36 anos. Veciño de Santa Cristina de Lavadores, en Vigo.
Membro da UXT e da Agrupación Socialista (AS) de Lavadores. Alcalde de Lavadores durante a II República, de 1931 a 1934 e no ano 1936. Irmán de Luis Antela Conde, tamén executado.
Executado.
Cando se produce o golpe rebelde en Vigo, o día 20 de xullo e mentres se lía o bando declarativo do estado de guerra, os sublevados asasinaron a 15 veciños; Antela opúxose nun primeiro momento á entrega de armas para facer fronte aos rebeldes. Desde ese momento e ata o día 23 de xullo houbo unha certa resistencia contra os golpistas por parte das xentes da Fronte Popular (FP), os da UXT, a CNT e a Federación Anarquista Ibérica (FAI). Unha vez que fracasou este intento de resistencia a moitos dirixentes obreiros, líderes políticos e veciños sen adscrición, prendéronos.
Antela presentouse de xeito voluntario o día 17/08/1936, acompañado do cura de Mos e dun oficial do Exército, diante dun xuíz de Vigo cando soubo que o reclamaban.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo o día 22/08/1936 polo delito de traizón, na causa 140/36, co resultado de sentenza á pena de morte e accesoria de multa de un millón de pesetas.
Ás 05:30h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Morte rexistrada en Vigo por ferida de arma de fogo.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.