Nacemento:
Morte:
Casado; tiñan dous fillos: José e Manuel. Veciños de Mámoas, San Pedro de Ardemil.
Membro das Xuventudes Socialistas (XXSS) durante a II República.
Fuxido. Denigrado.
Despois de que se producira o golpe de Estado permaneceu na súa casa para pasar desapercibido e así salvar a vida; botou un tempo agochado.
Máis tarde foi enlace da IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Detido o día 07/08/1947 despois da caída de Manuel Ponte Pedreira. Levárono preso ao cuartel da Garda Civil de Ordes, con José Ríos Gómez, onde os torturaron.
Xulgado en consello de guerra na Coruña o día 04/11/1948 por actividades subversivas, na causa 400/47.
O tribunal militar condenou, neste caso, á pena de morte a José Santiago Temprano; pena de cadea perpetua para Pedro Rodríguez Gómez; tres anos de prisión para Teresa Pastoriza Moreira; castigaron a 6 meses e un día a Carmen Vieito Baña. Tamén procesaron, entre outras persoas, a: José Candal Bouzas, Manuel Castro Sanjurjo, Carmen Pan Rioboo e Ramón Ponte Pedreira.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.