Nacemento:
Morte:
Labrego, 25 anos. Veciño de Soaserra.
Fuxido. Morte en enfrontamento.
Foxe en 1937 para evitar a mobilización e incorporouse á guerrilla nese ano. Non tiña familia e era un home caracterizado pola súa bondade.
Na primavera de 1944 organizou, con Manuel Eive Vilar, Evaristo Eive Vilar, Ramiro Martínez López, Zapateiro, e José Vázquez Mauriz, Patitas, un grupo guerrilleiro na comarca do Eume no que moitos dos integrantes eran desertores da Base Naval de Ferrol (A Coruña). Entre eles atopábase Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor. Dirixía, xunto cos irmáns Eive, un grupo duns 20 guerrilleiros antifranquistas. Nese ano tamén dirixiu un grupo na Capela (A Coruña).
O día 23/02/1945 matou ao miliciano José Rodríguez.
Asasinado nunha emboscada da Garda Civil, logo dunha delación, no monte Teixeiro, en Cabalar (entre Formariz e Vilar de Mouros, na Capela).
O seu cadáver apareceu en Formariz, Cabalar. Acompañábao Antonio Vilar Pereira, que puido fuxir. Ramiro morreu dun tiro da Garda Civil.
Por mor da súa morte ábrese a causa 119/46 en Ferrol e que rematou sobresida.
A guerrilla puxo o seu nome a un destacamento do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), o Destacamento Eive-Carbón, que comandou José-Antonio López Jaspe, Antonio, Marinero, o Antoñito.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.