Nacemento:
Morte:
Veterinario e político, 40 anos. Veciño da rúa Galiano, 18, en Cedeira (A Coruña). Estudou Veterinaria en Córdoba e rematou no ano 1916. Inspector veterinario de Cedeira e de Narón en 1925. Veterinario municipal de Ferrol en 1935.
Militante do PSOE e da UXT. Presidente en 1936 do Círculo Socialista do Centro, en Ferrol.
Colaborou con El Ideal Gallego.
Detivérono pola súa participación na folga xeral revolucionaria de outubro de 1934.
Executado.
Arrestárono os franquistas o día 03/08/1936 con outros dirixentes políticos e sindicais de Cedeira e o 1 de setembro seguinte puxérono en liberdade.
Xulgado o día 04/12/1936 en consello de guerra en Ferrol polo delito de rebelión militar, na causa 296/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
O día 18 de decembro fusilaron no Castelo de San Felipe, en Ferrol, a: Enrique Alonso Teijeiro, mestre; Antonio Ameneiro Brage, labrego; Adolfo Bouzón Teijeiro, mariñeiro; Antonio Castillo Domínguez, veterinario; José-Cipriano Durán Fraguela, labrego; Manuel Fernández Freijeiro, militar; Ginés Fernández Rodríguez, estudante (fillo de Manuel Fernández Freijeiro), Miguel Fernández Santos, funcionario; Isaac Forneiro Barandela, mestre; Antonio Iglesias Freire, mariñeiro; José Lago Beceiro, labrego; Enrique Martínez Teijeiro, chofer; Rufino Redondo Senra, mestre, e Francisco Rodríguez N., barbeiro e músico.
Todos eran veciños de Cedeira, agás Antonio Ameneiro, que era de Cabanas (A Coruña).
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.