Nacemento:
Morte:
Médico odontólogo e político, 33 anos. Casado. Veciño de Viveiro. Emigrado en Cuba, volveu sobre 1930 a Viveiro, onde traballou de dentista.
Durante a II República militou no Partido Galeguista (PG) de Viveiro desde 1932, acadando o cargo de bibliotecario. Nas eleccións de 1936, integrado o PG na coalición da Fronte Popular (FP), elixírono concelleiro e, en abril de 1936, acadou a alcaldía nun momento de grande conflitividade laboral e na que se puxo do lado dos obreiros. Participou na campaña do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).
Executado.
O día 18 de xullo atopábase en Madrid para entregar o EAG; decide volver a Viveiro.
Cando os golpistas remataron coa resistencia, detivérono o día 27/07/1936 con algúns compañeiros da corporación; permaneceu varios días en arresto domiciliario ata que o ingresaron no cárcere de San Francisco de Viveiro a primeiros de agosto e, tempo andado, trasladárono a Lugo.
Xulgado en consello de guerra en Lugo o día 11/03/1937, con outros membros da Corporación de Viveiro, polo delito de rebelión militar e ideas separatistas, na causa 212/36, co resultado de sentenza á pena de morte segundo resolución do día 13/03/1937. Procesaron en novembro de 1936 a varios veciños das zonas de Viveiro e Ourol.
Condenaron á pena de morte a: Balbino Cerdeiras Rey e José Vázquez Liz; cadea perpetua para: Francisco Álvarez Parapar, José Canoura Iglesias, Jesús Carrodeguas Franco, Ricardo Casabella Martínez, Ángel Castro Rábade, José Chao Rouco, Ricardo Corbelle Ramos, Jesús Cruz Lage, Domingo García Chao, Modesto González Trasancos, Francisco López Insua, Vicente Novoa Rego, Antonio Pardo Prieto, Celestino Pérez Bermúdez, José-María Rivera Quintana, Generoso Rivera Rubal e Jesús Rivera Rubal; sentenciaron a 20 anos a: Miguel Eiroa Marful e Ramón Viñas Corredoira; 15 anos de cadea para Manuel Álvarez Parapar; 12 anos de castigo para: José-Manuel Agüeira Meitín, Amador Iglesias Pardo e José Rodríguez Camba. Tamén ingresaron na cadea a José López Martínez.
Tamén o procesou o Tribunal Militar Territorial de Lugo por rebelión militar na causa 1073/36.
Fusilárono nas tapias do cuartel da Garda Civil en Lugo.
Nese lugar e data asasinaron a: Balbino Cerdeiras Rey, médico; Lisardo Sotelo Pérez, labrego; José Vázquez Liz, labrego, e Manuel Vázquez Olmo, xastre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.