← Volver atrás

Díaz Veiga, Vicente

Alcume: Carro de Lídia
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado

Nacemento:

Valdoviño
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Xornalista, escritor e político, 36 anos. Casou con Amalia Díaz Lago. Veciños da rúa Sinforiano López, 18, na Coruña. Emigrado en Cuba, regresou a Galicia coa II República.

Militante da CNT.

Colaborou con Solidaridad Obrera, Brazo y Cerebro e Solidaridad, impulsou Orientación e dirixiu Germinal.

No ano 1934 desterrárono á Coruña por un artigo que publicou en El Obrero.

Encarcerado.

Despois do alzamento militar detivérono os franquistas na Coruña o día 05/08/1936 e liberárono aos tres días, volvendo a Valdoviño, onde estivo agochado na cova de Ponte dos Prados, entre as praias de Valdoviño e a de Pantín. Prendeuno a Garda Civil e ingresárono no cárcere de Ferrol (A Coruña) o día 07/06/1937.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar, na causa 805/37, co resultado de sentenza á pena de morte.

Pena de morte conmutada na comisión de exame de penas da Coruña pola de cadea perpetua.

Abríronlle un expediente de responsabilidades políticas na Coruña en decembro de 1940 e indultárono no ano 1941.

Interno na Prisión Central de Burgos, publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 85 do día 25/03/1944.

Xa en liberdade actuou como enlace da guerrilla antifranquista; denunciouno o infiltrado Alejo-Pablo Mora García e detivérono a finais de 1947.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á guerrilla (prestar auxilio a compoñentes de partidas armadas), na causa 40/48, co resultado de sentenza a catro anos de prisión menor.

Neste xuízo procesaron a varias persoas por auxilio á guerrilla antifranquista. Condenaron á pena de catro anos de cadea a: José Beceiro Fernández e Vicente Díaz Veiga; procesaron tamén a: Manuel Bastida Franco, Rosa Caridad Paz, Francisco Castro Roibal, José-María Díaz Díaz, José Dopico García, Juan Gallego Abeledo e Manuel Vázquez Rodríguez.

Cumpriu a condena na Colonia Penitenciaria de El Dueso, Santoña (Cantabria), saíndo en liberdade condicional en setembro de 1953.

Volveu a Valdoviño e traballou como perito agrícola.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.