← Volver atrás

Eive Vilar, Josefa

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Denigrada. Encarcerada. Exiliada

Nacemento:

San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)
- 01/01/1916 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Uruguai
- 01/01/2008 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 20 anos. Irmá de Manuel Eive Vilar, de José Eive Vilar, de Evaristo Eive Vilar, de Carmen Eive Vilar e de María Eive Vilar, casada co anarquista Pascual Carballo, e que vivían nos Estados Unidos. Veciña dos Xicos, Regoela.

Denigrada. Encarcerada. Exiliada.

A Garda Civil, para que delatase os agochos dos seus irmáns e doutros veciños, levábaa ao monte e dáballe malleiras para que os denunciase.

Tamén pasaron polos mesmos atrancos a súa irmá Carmen Eive Vilar; Olimpia Barcia Fernández, irmá de Xicos; Maruja Bouza Pereira, irmá de Jesús, Constantino, Vicente e José Bouza Pereira; Maruja Vilar Pereira, irmá de Antonio e Higinio Vilar Pereira; María Vilar Pazos e Leocadia Vilar Pazos, irmás de Juan, Manuel, Saturnino e Jesús Vilar Pazos.

Enlace da guerrilla antifranquista.

O día 15/03/1943 detivérona con algunha das anteriores e xulgáronas na causa 207/43, acusadas de acoller nas súas casas a guerrilleiros e de proporcionarlles comida e roupa.

Neste proceso xulgaron, entre outras , a: Olimpia Barcia Fernández, Carmen Eive Vilar e Josefa Eive Vilar.

Estiveron un tempo no cárcere pero o proceso rematou sobresida. Josefa estivo tres meses no cárcere de Ferrol (A Coruña).

Detida con 42 compañeiros e compañeiras en 1951.

Xulgada en consello de guerra na Coruña, na causa 156/51, por “delitos de actividades comunistas de auxilio a bandoleros”. Acusados de colaboración como enlaces e manter os seus domicilios como bases preto de Ferrol, que os fuxidos e bandoleiros empregaban para albergues e aprovisionamento; construían soterrados e covas que servían de refuxio camuflado; tamén os acusaron de repartir propaganda subversiva do PCE, organizar células e folgas (segundo o que consta no procedemento).

Entre outras persoas, castigaron neste proceso a 13 anos de cadea a: María de las Mercedes Balado Freire; a 12 anos e un día a José López Acea e ás irmás Juana Varela Sardiña e Socorro Varela Sardiña; tamén condenaron a prisión a Antonio Ares Abelleira e a seis meses e un día a Josefa Eive Vilar; exculparon a Carmen Filgueiras Vázquez. Tamén procesaron a: Ramón García Rodríguez, Manuel Ríos Seoane, María-Josefa Vázquez Gallego e Enrique Vigo Teijeiro.

Exiliouse no Uruguai despois de casar por poderes con Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.