Nacemento:
Morte:
Escritor, intelectual, profesor universitario e político, 23 anos. Veciño de Santiago de Compostela (A Coruña). Estudou Dereito na Universidade de Madrid, logo, na Universidade de Santiago de Compostela (USC). Profesor auxiliar de clases prácticas de Dereito na Universidade de Santiago de Compostela (USC).
Membro do Grupo Nós e do Seminario de Estudos Galegos (SEG).
Afiliado ao Partido Galeguista (PG) desde 1931. En 1934 formou parte do grupo Galeuzca. Secretario xeral das Mocidades Galegas do PG.
Depurado. Sancionado. Fuxido.
No momento de producirse o alzamento golpista Fernando Barcia Beiras preside o Comité de Defensa da República, que tratou de frear a sublevación militar. Neste comité estiveron: José Miguel Alcalde, Celestino Barcia, Fernando Barcia Beiras, Francisco Fernández del Riego, Rafael Frade Peña, Samuel Gómez, Jesús Hortas, Juan López Touriño, Manuel Maroño Calvo, Ricardo Nogueira, Domingo Pardo Corredoira, Modesto Pasín Noya, José Pasín Romero, Luis Rastrollo González, Jesús Rodríguez, Ricardo Rosende, Cándido Sánchez Rodríguez, Jesús Vieiro Gómez, José Vila, Marcial Villamor Varela. Fernández del Riego abandonou o comité cando se tomaron medidas de asalto aos cuarteis, que el non compartía.
Detido sen procesamento xudicial co resultado de perda do posto de traballo, inhabilitación para exercer a docencia e desterro de Santiago de Compostela.
O Tribunal de Responsabilidades Políticas acusouno de inimigo do Réxime impedíndolle exercer cargos públicos e multárono con 3000 pesetas.
Os falanxistas andaron na súa procura para darlle o paseo e agochouse nunha casa das aforas de Santiago de Compostela. Máis tarde incorporouse ao exército sedicioso para evitar as represalias, pasando por varias frontes de guerra.
Ao remate da guerra civil instalouse en Vigo (Pontevedra) porque en Santiago de Compostela non se atopaba seguro e de alí marchou no ano 1939.
En 1950 fundou con, entre outras persoas, Fermín-Luis Fernández Penzol-Labandeira e Ramón Piñeiro López a Editorial Galaxia.
En 1964 participou na creación do Partido Socialista Galego (PSdeGa).
No ano 1960 era membro numerario da Real Academia Galega (RAG), da que foi presidente en 1997.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.