← Volver atrás

Ferreiro Rodríguez, Juana

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executada

Nacemento:

As Pontes de García Rodríguez
(A Coruña)
- 01/01/1877 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

As Pontes de García Rodríguez
- 14/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrega, 59 anos. Casada con Manuel Ramos Fernández; tiñan catro fillas e tres fillas: Vicente, María, Antonia, Manuel, José, Dolores e Jesús. Veciños das Barrosas, Santa María das Pontes de García Rodríguez, As Pontes de García Rodríguez.

Executada.

Asasinada por un grupo de falanxistas dirixidos por Narciso Corral Ocampo e no que tamén estaban Ubaldo Fernández, Nazario López Vérez e Luis Blanco López.

A Juana asasinárona xunto con outros tres familiares. Nun primeiro momento, no asalto da súa casa, finaron asasinadas ela e o seu fillo José Ramos Ferreiro. Pola noite volveron á casa uns cincuenta falanxistas que remataron a Manuel Ramos Fernández, que era o home de Juana e que fora 2º tenente de alcalde das Pontes, e ao seu fillo Manuel Ramos Ferreiro.

Dos que residían na casa só se salvaron Dolores Ramos Ferreiro, cunha ferida na man e protexida logo polo cura Valentín Carballo e o seu irmán Jesús Ramos Ferreiro, que tiña entón tres anos. A Juana e a José executáronos no cemiterio; soterráronos nunha fosa común no cemiterio das Campeiras, As Pontes de García Rodríguez.

Inscribiron a morte destas catro persoas no rexistro o día 05/09/1936.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha