← Volver atrás

Frade Pazos, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Paseado

Nacemento:

San Miguel de Bendoiro, Lalín
(Pontevedra)
- 10/12/1894 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Volta do Couto, San Pedro de Tenorio, Cotobade
(Pontevedra)
- 09/11/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego, político e sindicalista, 41 anos. Casado con Rogelia Sanmartín Amigo; tiñan catro fillos e unha filla: Alfonso, Alberto, Oswaldo, Elsa e Luis. Veciños de Fondevila, Santa Baia de Donsión, Lalín.

Militante do PSOE e da UXT. Concelleiro de Lalín no ano 1931. Vicepresidente da Sociedade Obreira de Ponte-Nova en 1931 e de La Fraternidad, as dúas de Donsión. Cesado como concelleiro en agosto de 1934, repuxérono en febreiro de 1936 como 2º tenente de alcalde.

Nomeado recadador municipal en marzo de 1936, exercía como verdadeiro alcalde de Lalín, xa que o alcalde e o 1º tenente de alcalde eran mestres en activo.

O día anterior ao golpe de Estado elixírono presidente de La Fraternidad.

Encarcerado. Paseado.

Despois do golpe dos militares sublevados o día 19 de xullo trasladouse a Pontevedra para recibir as oportunas instrucións do gobernador civil. Aínda está presente no último pleno do concello que ten lugar o día 21 de xullo.

Non o prenderon de inmediato xa que as novas autoridades chantaxeárono indicándolle que, se pagaba unha débeda que tiña co concello como recadador, non o molestarían.

No mes de outubro de 1936 consegue un préstamo co que abona as 5100 pesetas que se lle reclamaban, pago que non o salva de ser detido, contrariamente ao que se lle prometera.

A pesares dos avisos negouse a agocharse ou fuxir pois nada malo fixera. Detivérono os represores o día 27/10/1936 e ingresárono na cadea en Lalín; trasladárono con outras 38 persoas, o día 04/11/1936, á Colonia Penitenciaria da Illa de San Simón, Redondela (Pontevedra).

Uns días despois, o 8 de novembro, os fascistas sacárono da Illa de San Simón con outras persoas co pretexto dun traslado á cadea de Ponte Caldelas e fusiláronos en Tenorio.

Morte rexistrada en Tenorio con outros cinco veciños de Lalín e cinco máis de Arbo.

Nese lugar e data finaron asasinados polos represores seis lalinenses: Luis Frade Pazos, labrego; Eliseo Garra Lalín, funcionario; Ramiro Granja González, funcionario; José López Bermúdez; José-María Montouto Rodríguez, labrego, e Luis Varela Sobrado, canteiro. Outros cinco eran naturais de Arbo (Pontevedra): Juan Alonso Pérez, mestre; Alfonso Alonso Portugués, empresario agrario; José Gómez Sampayo, médico; Antonio Picallo Buela, vendedor de xornais, e Telmo Rodríguez Alonso, pensionista.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Tenorio.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.