Nacemento:
Morte:
Tiña 16 anos. Veciña dos Casás. Ao seu pai Manuel Gallego Durán e ao seu tío Antonio Gallego Durán paseáronos os franquistas en 1936. Xunto cos seus irmáns Clementina Gallego Abeledo, María dos Remedios Gallego Abeledo, Marita, Lina, e Juan Gallego Abeledo, Buzo, Comandante, coñecidos como os Buzos, incorporouse á guerrilla.
Fuxida. Encarcerada. Exiliada.
Comezou como enlace da guerrilla antifranquista e arrestárona en varias ocasións por este motivo.
Marchou para o monte cos seus irmáns en outubro de 1948 e sería compañeira de José-Antonio Castro López, Tucho. Cando a presión se fixo máis importante integrouse coa súa irmá María na IV Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG).
Zafouse do cerco da Garda Civil na Cruz de Meá, San Vicente de Meá, cando se atopaba con outros compañeiros nunha cova, que construíran na casa de Juan Vázquez Loureda. O refuxio estaba moi ben feito e só se podía entrar nel por unha trapela camuflada nunha escaleira na corte das vacas; só o dono da casa sabía como abrir e tiña unha saída de emerxencia camuflada entre os mirtos. Así que puideron fuxir Josefa e Julián de la Rosa Zamorano, Radista. Segundo se di, un garda civil que estaba a vixiar preto da saída, viunos escapar pero gardou silencio.
Pasou tempo agochada con María dos Remedios Gallego Abeledo e outros guerrilleiros en San Martiño de Goente, As Pontes de García Rodríguez (A Coruña).
O día 27/09/1951 prendérona no seu domicilio dos Casás por mor dunha confidencia dunha familiar falanxista e despois da caída do refuxio da Cruz de Meá.
Xulgada en consello de guerra na Coruña polo delito de auxilio á rebelión, na causa 245/51, co resultado de sentenza a 23 anos de prisión, finalmente reducidos a 10.
Ingresárona nas cadeas de Segovia e Alcalá de Henares (Madrid).
Marchou a Francia e casou con José Fernández Dopico. Tres anos antes de morrer volveu a Mugardos.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.