← Volver atrás

García Moral, Alpidia

Alcume: Maruxa
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxida. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Sobrado
(León)
- 01/01/1905 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Villasinde, Vega de Valcarce
(León)
- 17/03/1949 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Tiña 31 anos. Casada; tiveron cinco fillos, catro vivos: Abelardo, Diego, Víctor e Ángela . Veciña de Sobrado. Nai de Ángela Losada García, quen ao ter que fuxir a súa nai se converteu na xefa da familia.

Militante do PSOE.

Fuxida. Morte en enfrontamento.

Ao seu home, José Losada Granja, asasinárono os falanxistas en outubro de 1936 con un irmán e, despois diso, Alpidia colaborou coa resistencia desde 1941.

Enlace da guerrilla, a súa casa serviu de punto de apoio ata 1943, cando nunha inspección de rutina da Garda Civil sorprendeu un grupo de guerrilleiros no seu domicilio, entre eles Edelmiro García Alonso, Delmiro, e Manuel Gutiérrez Abella; na acción morreron un sarxento e un cabo da Policía Armada; en represalia os gardas queimaron a casa. Todos os resistentes fuxiron, incluída Alpidia, que pasou seis anos na serra co seu compañeiro Victorino Nieto Rodríguez, cenetista e membro da Federación de Guerrillas de León-Galicia (FG).

Refuxiada na Cidade da Selva.

A finais de 1948 actuaba na fronteira entre as provincias de Lugo e de León cos cenetistas Abelardo Macías Fernández e Victorino Nieto Rodríguez, o socialista Hilario Álvarez Méndez, Bienvenido, e Oliveros Fernández Armada, Negrín.

O día 17/03/1949 ao grupo co que se atopaba cercouno a Garda Civil e da Policía Armada en Villasinde despois da denuncia dun veciño. A Alpidia capturárona e logo asasinouna un sarxento da Garda Civil na presenza dos veciños de Villasinde. A Benemérita sorprendeu nesta acción a cinco guerrilleiros; no enfrontamento morreron Abelardo Macías Fernández, o Lebre; Hilario Álvarez Méndez e Alpidia. Victorino Nieto Rodríguez e Oliveros Fernández Armada, Negrín, conseguiron fuxir e en 1950 puideron pasar a Francia.

Nos arquivos municipais de Vega de Valcarce (León) figura como profesión “bandolera” e domicilio “el monte”.

Soterráronos nunha fosa común no cemiterio de Vega de Valcarce.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.