Nacemento:
Morte:
Médico e político, 57 anos. Veciño da rúa Porta do Sol, en Vigo. Licenciado en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela (USC) no ano 1905. Exerceu a Medicina en Vigo e Pontevedra; no ano 1913 foi dos primeiros en dispor dos raios X.
Membro do PSOE e da UXT. Deputado provincial en 1921. Nas municipais de 1931 elixírono concelleiro de Vigo e exerceu de tenente de alcalde. En 1923 presentouse a Cortes polo PSOE da Estrada (Pontevedra) pero non obtivo acta. Novamente concelleiro de Vigo en 1931 e acadou a alcaldía.
Executado.
Cando se produce o golpe dos sediciosos arrestárono nos primeiros días.
Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo, o día 22/08/1936, polo delito de traizón, na causa 142/36, co resultado de sentenza á pena de morte.
Ás 05:30 h fusilaron nas tapias do cemiterio de Pereiró, en Vigo, despois de sacalos da cadea do Castelo do Castro, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.