Nacemento:
Morte:
Industrial e político, 36 anos. Emigrou moi novo a Bos Aires (República Arxentina), onde casou con Emilia Gómez Gómez, que era natural da Berxa; tiveron tres fillos e catro fillas: Manuel, Elena, María, Nieves, Jesús, Benigna e Antonio. Veciños da Berxa. Volveron e adicáronse aos muíños de maquía no río Samo. Logo abriron unha panadería, un serradoiro e unha granxa agrícola.
En decembro de 1933 chega a súa etapa de alcalde de Mesía, polo Partido Republicano Radical (PRR); en 1936 repetiu por Unión Republicana (UR), dentro da Fronte Popular (FP). Na súa etapa creáronse varias escolas, realizáronse accións de asistencia social e de control veterinario do gando.
Tiña como compañeiros da Corporación de Mesía de 1936, entre outras persoas, a: José López Regueira, encarcerado; Manuel Cernadas Ares, encarcerado; Vicente Suárez Botana, procesado; Antonio Sánchez Uzal, encarcerado; Vicente Ramos Iglesias, encarcerado.
Fuxido. Encarcerado.
Despois do golpe dos sublevados convértese nun dos escapados. Fuxiu e agochouse nunha casa de Santa María de Gonzar, O Pino. Mentres estivo desaparecido, á súa dona Emilia obrigábana a declarar todas as semanas no cuartel da Garda Civil en Curtis (A Coruña); sempre se negou a dicir onde se achaba o seu home.
En abril de 1938 abríronlle un expediente na Comisión Provincial de Incautación de Bens.
No ano 1942 presentouse voluntariamente na Garda Civil. Arrestárono e levárono á Prisión Provincial da Coruña por orde do Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 380/37, co resultado de sentenza a 12 anos e un día de prisión.
O tribunal xulgador condenou á pena de morte a Adonis Morón Silva; castigaron a cadea perpetua a: Ramón Díaz González, José-Ramón Lagares García, Pedro del Río Caramelo e Jesús Sánchez Rodríguez; penas de 15 anos de cadea para: Manuel Mella Sánchez, Andrés Seoane Seijas e Antonio Uzal Gaudeoso; 12 anos e un día de cadea para: Ramón Bra Rioboo, Manuel Cernadas Ares, Antonio Gómez Carneiro e Manuel Sanjurjo Manteiga; privación de liberdade por oito anos e un día para José Sousa Hermida; auto de absolución para Pedro Lago Sánchez; declararon fuxidos a: Andrés López Suárez, José Mosquera Rodríguez e Vicente Ramos Iglesias. Tamén procesaron a: Benigno Andrade García, José Pérez Sanmartín, Ricardo Sánchez Rivas, Vicente Suárez Botana e Ángel Villaverde Bello.
Logo de varios anos no cárcere, liberárono os franquistas.
Enlace do guerrilleiro Manuel Ponte Pedreira, ao que tivo que delatar despois de que a Garda Civil o sometera a tortura; esta delación acabou coa vida de Ponte nunha redada.
En 1947 volveu á prisión acusado do encubrimento de Benigno Andrade García, Foucellas, e da súa cuadrilla, xa que A Berxa foi un lugar de agachada dos guerrilleiros.
Estivo no cárcere de El Dueso, Santoña (Cantabria) e, máis tarde, no de Santander (Cantabria), ata 1953.
Liberado, seguiu a traballar no muíño, na talla de madeira e noutras actividades.
Xulgado no Tribunal Militar Territorial da Coruña o día 12/12/1947, na causa 200/47, por axuda a bandoleiros. Condenárono á cadea polo encubrimento de Benigno Andrade García, Foucellas, e o seu grupo. Nesta causa procesaron a 69 persoas.
Pasou polas prisións de El Dueso e de Santander, onde o liberaron no ano 1953.
A carón do seu muíño montou unha central hidroeléctrica; a Central Berxa subministrou electricidade a toda a bisbarra de Ordes (A Coruña).
Para ver todos os procesados na causa 200/47 dirirxe á ficha de Alfredo Agra Blanco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.