← Volver atrás

González Brunet, Ramón

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1886 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Pereiró, Vigo
- 27/08/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Funcionario, político e sindicalista, 50 anos. Veciño de Santa Cristina de Lavadores, Vigo. Funcionario municipal na Casa do Pobo.

Militante da UXT, da que era dirixente en Vigo, e da Agrupación Socialista (AS) de Vigo. Sufriu represión despois da folga xeral de 1917 e durante a ditadura de Miguel Primo de Rivera Orbaneja.

Concelleiro de Vigo nas eleccións de 1931 que deron lugar á proclamación da II República. Secretario da Federación Provincial Socialista de Pontevedra e da Comisión Executiva da Federación Local de Traballadores da UXT en Vigo.

Executado.

Despois do golpe dos rebeldes escondeuse na taberna El Recreo de Benito Alonso Valiñas e de Angelina Montero Franqueira (pais de Xesús Alonso Montero) onde o arrestaron os fascistas o día 03/08/1936.

Xulgado en consello de guerra sumarísimo en Vigo o día 22/08/1936 polo delito de rebelión militar, na causa 142/36, co resultado de sentenza á pena de morte.

Ás 05:30 h fusilaron nos muros do cemiterio de Pereiró, en Vigo, a: José Antela Conde, camareiro; os irmáns Antonio Bilbatúa Zubeldía, funcionario, e Demetrio Bilbatúa Zubeldía, fotógrafo; Enrique-Heraclio Botana Pérez, tipógrafo; Ubaldo Gil Santóstegui, médico; Ramón González Brunet, funcionario; Emilio Martínez Garrido, industrial; Manuel Rey Gómez, mariñeiro; Ignacio Seoane Fernández, panadeiro, e Apolinar Torres López, mestre.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha