Nacemento:
Morte:
Camareiro, sindicalista e político, 20 anos. Veciño da Coruña. Comunista. Irmán de José González González, tamén paseado, e de María González González, paseada.
Militante das Xuventudes Libertarias (XXLL). Membro do Sindicato de Camareiros da CNT. Algunhas fontes sinalan que era comunista nos últimos momentos da Fronte Popular (FP).
Apoderado da FP nas eleccións de febreiro de 1936.
Paseado.
Participou co seu irmán José na tentativa libertaria de levantar en armas os cuarteis coruñeses en outubro de 1936; despois os dous irmáns refuxiáronse no barrio das Atochas, na Coruña.
A José e ao seu irmán Rogelio, ferido, detivéronos o día 10/07/1937 no domicilio de María Otero González, dona da casa onde se acubillaban, na rúa Atocha Alta, 55-1º, na Coruña. Nesta acción coñecida como “Caída das Atochas” morreron a mans dos represores: María Otero González, Fernando Caamaño Pérez, Carlos Míguel Pérez, Moreno, e Jesús Rodríguez, Chucho.
Paseárono con Santiago Sanjurjo López na estrada de Circunvalación á altura da Prisión Provincial da Coruña.
Morte rexistrada ás 02:00 h na Coruña a causa de feridas de arma de fogo, que lle ocasionaron unha hemorraxia cerebral traumática.
Soterrárono o día 1 de agosto nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Santiago Sanjurjo López.
No rexistro do cemiterio aparece como Rogelio González N.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.