Nacemento:
Morte:
Xornaleiro, 24 anos. Veciño da Coruña. Irmán de Rogelio González González, tamén paseado, e de María González González, asasinada. Fora lexionario.
Militante e secretario da Federación Anarquista Ibérica (FAI). Fundador das Xuventudes Libertarias (XXLL) na Coruña e do grupo editor de Brazo y Cerebro. Membro do Sindicato Único do Ramo da Construción, da CNT.
Paseado.
Participou na resistencia aos sediciosos no barrio de Monelos, A Coruña. Logo refuxiouse nos montes de Santa Margarida e de Elviña.
A José e ao seu irmán Rogelio, ferido, detivéronos o día 10/07/1937 no domicilio de María Otero González, dona da casa onde se acubillaban, na rúa Atocha Alta, 55-1º, na Coruña. Nesta acción coñecida como “Caída das Atochas” morreron a mans dos represores: María Otero González; Fernando Caamaño Pérez; Carlos Míguel Pérez, Moreno, e Jesús Rodríguez, Chucho.
Despois da súa detención e baixo tortura informou, ese mesmo día, que a casa de Alicia Dorado Viso, na rúa do Carme, 6, faiado, na Coruña, tamén servía de casa de acollida. Nesa mesma tarde, esa casa asaltárona os represores, que mataron a Alicia, a Julio Acevedo Veiga e a Antonio Fournerakis, el Viejo.
Morte rexistrada ás 03:00 h na Coruña por disparos de arma de fogo, que lle ocasionaron hemorraxia cerebral. Asasinado no Campo da Rata, A Coruña, con Antonio Varela Miguélez e Alejandro Delgado Fernández, na aplicación da Lei de Fugas nun “suposto” intento de fuxida.
Soterrárono o día 14 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Alejandro Delgado Fernández, Enrique Fernández Díaz e Antonio Varela Miguélez. No rexistro do cemiterio aparece inscrito como José González N.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión na causa 992/37.
Neste xuízo procesaron, entre outras persoas, a: Fernando Caamaño Pérez, Alejandro Delgado Fernández, Alicia Dorado Viso, Antonio Fournerakis, José González González, Carlos Míguel Pérez, María Otero González, Alejandro-Basilio Palacios, Jesús Rodríguez, Santiago Sanjurjo López, José Torres Regueira, José Valeiro Caramés e Antonio Varela Miguélez.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.