← Volver atrás

González López, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Depurado. Exiliado

Nacemento:

San Roque de Afora, San Pedro de Visma, A Coruña
- 13/11/1903 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Nova York
(Estados Unidos)
- 19/12/1991 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Profesor universitario, escritor e político, 32 anos. Casou en Madrid o 02/06/1931 con María Núñez Cañas. Veciños da rúa Hilarión Eslava, 2, en Madrid. Fillo de Antonio González Doldán, encarcerado, e de Carmen López Corgo. Estudou Dereito na Universidade de Madrid, rematando en 1926 e o doutorado en 1929, especializándose como penalista. Irmán de Antonio González López, paseado, e de Fernando González López, desaparecido en 1940. Profesor adxunto de Dereito Penal e logo catedrático en varias universidades españolas: La Laguna, Salamanca, Oviedo, Barcelona. De 1931 a 1933 nomeárono director xeral de Administración Local. Empregado tamén no Banco de Crédito Industrial.

Deputado nas Cortes pola Coruña no ano 1931 pola Fronte Republicana Galega (FRG), en 1933 pola Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA) e en 1936 por Esquerda Republicana (ER). Nas eleccións a Cortes do día 16/02/1936, na representación por ER e na coalición da Fronte Popular (FP), foi o candidato máis votado con 29.131 votos para deputado nas Cortes.

En 1936 participou na redacción do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Emilio era un enamorado de Santa María de Baio, Zas (A Coruña), onde tiña dous grandes amigos das esquerdas, o médico Ramón Romero Blanco e o madeireiro Alfredo Agra Blanco.

Depurado. Exiliado.

Na guerra civil loitou no 4º Batallón de Milicias Populares Galegas, logo integrado na 1ª Brigada, 11ª División do V Corpo de Exército do Exército do Centro, V Rexemento de Aceiro, e ocupou altos cargos nos gobernos republicanos durante a guerra civil; pasou coa súa muller a Valencia e a Barcelona, onde exerceu de catedrático de Dereito Penal.

Foi quen de recuperar o Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG), que quedara esquecido en Madrid cando se trasladara o poder executivo a Valencia. En decembro de 1938 nomeárono cónsul xeral de España en Suíza e secretario da Delegación española nas Nacións Unidas, onde o encargaron de coordinar unha rede de espionaxe a favor do goberno republicano.

Sancionado coa separación definitiva do servizo e a inhabilitación en Burgos en setembro de 1937.

No mes de abril de 1939 pasou a París, logo a Amberes (Bélxica) e de alí a Nova York no Henry Jasper, onde vive ata a súa morte e país no que se desenvolve como profesor de Historia na Universidade da Cidade de Nova York.

Por mor desta fuga a súa familia e amigos sufriron duras represalias dos sublevados militares.

No ano 1978 nomeárono académico da Real Academia Galega de Xurisprudencia e Lexislación.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.