← Volver atrás

Horta Resúa, Celestino

Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

A Ponte Beluso, San Pedro de Bealo, Boiro
(A Coruña)

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Mineiro e sindicalista. Casado con Manuela Creo, encarcerada. Veciños da Ponte Beluso. Traballador das minas de San Fins, Santa Eulalia de Vilacova, Lousame (A Coruña). Irmán de Agustín Horta Resúa, paseado en novembro de 1936.

Con outros veciños fundou a Sociedade de Labregos La Armonía de Bealo, da UXT.

Fuxido.

Os franquistas acusárono de estar implicado na voadura da ponte do río Beluso nos primeiros momentos do golpe de Estado.

Durante os anos da guerra civil permaneceu agochado no monte durante eses tres anos, na serra do Barbanza; despois pasou seis anos máis en casas de veciños. A súa familia non delatou o seu paradoiro; á súa dona detivérona e o seu irmán Agustín Horta Resúa pagouno coa súa vida, xa que morreu nun paseo.

Estivo no Partida de Curuxás que dirixía Ramón Rodríguez Varela, Curuxás.

Por este grupo pasaron: Hilario Arroyo Medina, Medina; José-Luis Castro Veiga, o Piloto; José Díaz; Manuel Fernández Valle, Portafondón; Benedicto Fuentes Díaz, Benedicto da Rula, Antón; Leonardo Gómez Pérez, Trancas; Celestino Horta Resúa; Jesús-María Iglesias Escourido, Franco, o Tizón, Caudillo; Avelino Méndez Suárez, Asturiano; Lisardo Núñez; Guillermo Paredes Viñas, Guillermo da Canteira; Ramón Rodríguez Varela, Curuxás; Abdón Telesforo Vázquez e José Vázquez Otero.

Finalmente entrégase no cuartel da Garda Civil de Santiago de Compostela (A Coruña).

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha