Nacemento:
Morte:
Garda civil. Cabo da Benemérita, destinado na Coruña ao comezo da guerra civil.
Represor.
Foi un dos asasinos no Campo da Rata, nunha suposta aplicación da Lei de Fugas, de tres persoas das esquerdas e veciñas da Coruña, cando as trasladaban ao tren que os tiña que levar ao penal do Forte de San Cristóbal, Pamplona (Navarra).
Os executados eran internos da Prisión Provincial da Coruña. O día 12/01/1937 sacaron da cadea para levalos a Pamplona a: Manuel Vázquez González, Enrique Rosende Calvo, Primitivo Miguel Frechilla, José-María Eirís Carro, Jaurés García García, Jaurés da Lixivia, e Leovigildo Taboada Alvarellos. So chegaron a Pamplona os tres primeiros; a Eirís, Jaurés e Leovigildo asasináronos no Campo da Rata na aplicación da Lei de Fugas.
O posterior atestado dos represores sinala que, despois da pinchada dunha roda do coche que os trasladaba á estación do tren, os custodiados tentaron fuxir, obrigando aos gardas que os acompañaban a disparalos.
É inexplicable que para levalos da Prisión Provincial a estación do tren o coche pasara polo Campo da Rata; tamén e inexplicable a certeira puntería nunha persecución dos gardas implicados no caso: o cabo Valeriano Ibáñez Bartolomé, o número Dionisio Maestre Elena e o garda civil chofer Amador de Mena Domínguez. No caso de Jaurés a autopsia indica que morreu de dous tiros na cabeza, cando fuxía; no resto do corpo non tiña lesións por disparos. Que puntería.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.