← Volver atrás

Iglesias Corral, Manuel

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Sancionado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1901 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

A Coruña
- 08/09/1989 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Avogado, fiscal, empresario e político, 35 anos. Casado. Veciños da rúa Fonseca, 7-2º, na Coruña. De mozo emigrou a Cuba. Estudou Dereito na Universidade de Valladolid e licenciouse na Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Socio do Casino Republicano coruñés.

Membro da Organización Republicana Galega Autónoma (ORGA), pola que, en 1931, elixírono concelleiro e nomeárono alcalde da Coruña; tivo como secretario a César Alvajar Diéguez. En 1934 nomearon alcalde da Coruña a Alfredo Suárez Ferrín, na substitución de Manuel Iglesias.

Deputado a Cortes nas eleccións de 1933 polo Partido Republicano Galego (PRG). Nas eleccións de febreiro de 1936 representou ao partido centrista de Manuel Portela Valladares, sen conseguir escano.

Participou na elaboración do Estatuto de Autonomía de Galicia (EAG).

Ocupou altos cargos dentro da Fiscalía da República e nomeárono fiscal xeral o día 1 de xaneiro de 1936.

Sancionado.

Na etapa do golpe militar tentou exercer de defensor dos procesados nos consellos de guerra sumarísimos; distintas ameazas e rexistros no seu domicilio obrigárono a desistir de tal intento. Entre outros casos encomendados estiveron as defensas de Enrique Rosende Calvo, José-María Eirís Carro, Ramón Maseda Reinante e Francisco Mazariegos Martínez.

Ter sido fiscal xeral da República tampouco era para estar tranquilo diante dos represores. Salvouno en varias situacións a constatación da súa negativa a integrarse na Fronte Popular (FP).

O Tribunal Rexional de Responsabilidades Políticas da Coruña condenouno ao pago dunha forte sanción económica (preto de 100.000 pesetas) por ser concelleiro pola FP (en todo caso republicano, a FP non existía entón), cando ocupara tal cargo no 1931.

Non sufriu represalias maiores pola súa amizade cun militar franquista dos servizos xurídicos.

Tivo que adicarse a actividade privada, tanto xurídica como empresarial, e foi avogado na Cámara Oficial de Comercio, Industria e Navegación da Coruña. Ocupou moitos outros cargos de responsabilidade.

Coa chegada da democracia uniuse á Unión de Centro Democrático (UCD) e a Alianza Popular (AP); foi senador e deputado.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.