← Volver atrás

López Gómez, Luis

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Executado

Nacemento:

lugar descoñecido

Morte:

A Coruña
- 23/10/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Pintor. Veciño da Coruña. Soldado pola súa quinta no Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña.

Cadro da Sección de Pintores do Sindicato Único do Ramo da Construción na Coruña, da CNT.

Executado.

Implicárono na tentativa de levantamento no Cuartel de Infantería da Coruña do 20/10/1936.

Xulgado na Coruña nun proceso sumarísimo polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.

Morte rexistrada na Coruña a causa de ser pasado polas armas en cumprimento do artigo 4º do bando declarativo do estado de guerra.

Fusilaron no Campo da Rata, na Coruña, a media tarde e con gran expectación, os seguintes militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.

Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.

A estes oito homes acusáronos, pola denuncia dun recruta de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha