← Volver atrás

López Teijeiro, José

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

Cedeira
(A Coruña)
- 01/01/1906 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Cerdido
(A Coruña)
- 11/03/1938 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Labrego e político, 30 anos. Veciño de San Fiz de Esteiro, Cedeira.

Concelleiro de Cedeira pola Fronte Popular (FP) desde marzo de 1936, cargo no que se mantiña cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros da Corporación de Cedeira de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Fernández Freijeiro (alcalde), executado; José-Cipriano Durán Fraguela, executado; José Vergara López, asasinado; Jesús Lourido Arriví, asasinado; José Lago Beceiro, executado; Nicasio Pérez Senra, asasinado; Andrés Arriví Caneiro, encarcerado; Antonio Pérez Muíño, encarcerado.

Fuxido. Paseado.

Formou parte dun grupo de fuxidos na zona da Capelada, entre Cerdido e Cariño.

Neste grupo estaban: José Rey Díaz, Torradas, morto en marzo de 1938; Nicasio Pérez Senra e José López Teijeiro, abatidos tamén en marzo de 1938; Manuel Orjales Bouza, Labrada, e Andrés Brañas Rodríguez, Carrizo, detidos en decembro de 1938 e condenados á pena de morte, e Manuel Santalla Orjales, detido en marzo de 1939. A súa única pretensión era a supervivencia.

Morte rexistrada en Cerdido por mor de destrución cerebral. Con el asasinaron ao seu compañeiro Nicasio Pérez Senra.

Os cadáveres apareceron na beirarrúa da estrada Cerdido-Cedeira.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha