Nacemento:
Morte:
Xornaleiro e político, 51 anos. Solteiro. Veciño de Miño.
Impulsor no ano 1933 da Agrupación Socialista (AS) de Miño con María Vázquez Suárez. En marzo de 1936 elixírono secretario da AS de Miño. Logo do triunfo da Fronte Popular (FP) acadou a concellería e nomeárono 2º tenente de alcalde, con Ricardo Pérez Medín como alcalde.
Fuxido.
Despois do triunfo da sublevación militar fuxiu e escondeuse.
O día 11/08/1937 foxen de Miño na pequena lancha motora La Golondrina once republicanos que levaban tempo agochados. A fuga organizárona o ex-alcalde de Miño Ricardo Pérez Medín e a súa dona Francisca López del Río. Saíron de Miño e chegaron a Marennes (Nova Aquitania, Francia); mandáronos aos poucos días a Rochefort (Nova Aquitania, Francia), onde os meteron nun tren cara Barcelona, á que chegaron o día 17/09/1937.
Dos 11 fuxidos, nove eran de Miño: Manuel Barros Serrano, labrego; Antonio González Basanta, mariñeiro; Francisca López del Río, traballo na casa; Abelardo López Varela, xornaleiro; Ricardo Pérez Medín, albanel; José Rodríguez Pérez, mariñeiro; Francisco Rodríguez Quintas, ferreiro; Antonio Somorrostro Pérez, labrego, e Juan Varela Bouza, labrego. Tamén fuxiron Andrés Fraguas, que era madrileño, e Manuel Salorio Díaz, veciño da Coruña.
Causa aberta en Ferrol (A Coruña) polo delito de rebelión militar (roubo da motora La Golondrina) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.