← Volver atrás

Louro García, Ramón

Alcume: Moniña
Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido

Nacemento:

Noia
(A Coruña)
- 01/01/1900 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Tiña 36 anos. Veciño de Noia. Irmán de Felipe Louro García, procesado, e de Luis Louro García, fuxido.

Fuxido.

Foxe na evasión do bou Tiburón cun grupo de republicanos, desde Ferrol (A Coruña) cara Francia, o día 10/08/1938, data na que asaltaron o barco en alta mar, ameazaron á tripulación e conduciron o barco ao porto francés de Saint-Nazaire (Países do Loira, Francia), onde chegaron o día 13 de agosto. A fuga organizárana xentes de El Despertar Marítimo, vencellada a CNT da Coruña.

Fuxiron 24 mariñeiros galegos, aos que repatriaron de xeito inmediato; 14 mariñeiros da tripulación e oito asaltantes chegaron en tren a Barcelona e dous dos tripulantes volveron a Galicia por Irún (Guipúscoa).

Entre os fuxidos contábanse os coruñeses: Ángel Chas González; Américo Gómez Carro, fontaneiro; Arturo Moreno Torres, zapateiro; Manuel Pérez Agrelo, mariñeiro, e Manuel Varela Sande. Os ferroláns Epifanio García González, funcionario; Manuel Gen Canosa, militar, e Saturnino Pita Fontenla, mariñeiro. Os veciños de Noia: Luis Louro García, mariñeiro, e o seu irmán Ramón Louro García; Manuel Oviedo Piñeiro, mariñeiro; Manuel Suárez Abeleira e Ramón Villar Blanco, mariñeiro. Ramón Gómez Lage, propietario, de Ortigueira (A Coruña). Francisco Insua López, patrón de pesca, de Viveiro (Lugo). Francisco Lago Rodríguez, político, de Muros (A Coruña). Luis Otero López, maquinista naval, de Teis, Vigo (Pontevedra). Manuel Palmeiro Romero, de Miño (A Coruña), e Gerardo Torreiro López, mestre, de Arzúa (A Coruña).

Causa aberta en Ferrol polo delito de deserción (fuxida do Tiburón) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha