Nacemento:
Morte:
Peón, 26 anos. Veciño da rúa Ronda de Outeiro, 19-1º, na Coruña. Peón da construción.
Militante da CNT da Coruña, que dirixía con José Villaverde Velo e José Moreno Torres. A maioría dos traballadores da cidade herculina eran militantes da CNT. Membro das Xuventudes Socialistas Unificadas (XSU).
Executado.
Na noite do 17 ao 18 de xullo de 1936 convocárono, cos Irmáns da Lixivia e outras xentes das esquerdas da cidade, a unha reunión no Goberno Civil co gobernador Francisco Pérez Carballo.
Amigo dos García García, Irmáns da Lixivia, cos que formou nas milicias populares das XSU, que vixiaran nas horas nocturnas dos días previos ao 20 de xullo o Goberno Civil. Participou na requisa de armas e alimentos e loitaría nas barricadas das rúas coruñesas para defender a República.
Prendérono os fascistas preto de Guitiriz (Lugo).
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión militar, na causa 127/36, co resultado de sentenza á pena de morte. Xulgado cos Irmáns da Lixivia.
O tribunal militar condenou á pena de morte a: Bebel García García, France García García e Enrique de Miguel Moscoso; castigaron a cadea perpetua a Jaurés García García.
Fusilárono os golpistas na Batería de Costa de Punta Herminia, A Coruña. Pasárono polas armas.
Executado con Babel García e Frances García.
Soterrárono o día 29 de xullo nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Bebel García García e o seu irmán France García García.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.