Nacemento:
Morte:
Militar e político, 40 anos. No ano 1913 ingresou na Academia de Infantería de Toledo. Veterano da Guerra de Marrocos desde 1915.
Coa proclamación da II República ascende a tenente coronel en 1931. O día 23/09/1933 o Goberno de Manuel Azaña Díaz nomeouno primeiro xefe e fundador do Corpo de Seguridade e Asalto, coñecido como a "Garda de Asalto", permanecendo no posto ata finais de 1935; logo foi Delegado de Asuntos Indíxenas en Marrocos entre 1935 e 1936.
Golpista.
Aínda que tratou de fuxir ao comezo da guerra, localizárono, condenárono a nove anos de cadea e encadeárono no cárcere Modelo (Madrid). Xa condenado rebaixaron a súa pena polas intervencións de José Miaja Menant e Vicente Rojo Lluch a dous anos e medio. A fin indultárono e ofrecéuselle o seu ingreso no Exército Popular da República.
Aproveitando unha viaxe a Valencia o día 21/03/1937 para incorporarse ao exército republicano, foxe á zona nacional. Coas tropas rebeldes fíxose cargo da II Brigada Navarra coa que participou na ofensiva sobre Santander (Cantabria). O día 09/03/1938 nomeárono comandante da 150ª División coa que loitou nas frontes de Aragón e ao mando do Corpo de Exército Urgel tomou parte na campaña de Cataluña. Contra finais da guerra ascendeu a coronel e cando rematou a contenda obtivo o grao de xeneral de brigada.
Substituíu a Raimundo Fernández-Cuesta Merelo na secretaría xeral do partido único Falanxe Española Tradicionalista e das Xuntas de Ofensiva Nacional Sindicalista (FET-XONS), con rango ministerial; unha sorpresa pois non era falanxista senón monárquico. Nesta etapa procurou un achegamento entre Francisco Franco Bahamonde e os republicanos, un plan de reconciliación integrando a aqueles que non tiveran delitos de sangue. Ninguén do executivo o apoiou e dimitiu en marzo de 1940.
Era un militar con simpatías pro alemás como Ramón Serrano Suñer. En xullo de 1941, cando os alemáns invaden Rusia, Franco situouno á fronte da 250ª División de Infantería dos voluntarios falanxistas españois, a División Azul, nomeamento que lle acada gran popularidade. Adolf Hitler tratouno con moito interese polo seu entusiasmo pro-nazi, condecorouno e conversou con el como un posible substituto de Franco para acadar así o apoio español á súa causa.
Franco soubo destas conversas e, aínda que Hitler atrasou a súa destitución o que puido; relevouno en decembro de 1942 o xeneral de brigada Emilio Esteban-Infantes Martín.
Ascendido a tenente xeneral e xefe da Casa Militar de Franco, xa non tiña mando sobre tropas, quedando neutralizado. Chegou a ser ministro do Exército e acadou o grao de capitán xeneral. Vicepresidente do Goberno en xullo de 1962 e substituído en 1967 por Luis Carrero Blanco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.