Nacemento:
Morte:
Militar. Soldado pola súa quinta do Rexemento de Infantería Zamora nº 29, 15ª Brigada de Infantería da VIII División Orgánica na Coruña.
Executado.
Acusárono os franquistas de participar nun intento de rebelión no Cuartel de Infantería da Coruña.
Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de sublevarse contra os seus mandos co resultado de sentenza á pena de morte.
Morte rexistrada no Campo da Rata, na Coruña, ao ser pasado polas armas a media tarde e con grande expectación, no cumprimento do artigo 4 do bando declaratorio do estado de guerra.
Fusilaron no Campo da Rata os seguintes militares de quinta do cuartel de Infantería da Coruña: Antonio Barreiro Méndez, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Luis López Gómez, Fernando Negreira Sánchez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide e Manuel Seoane Díaz.
A estes oito homes acusáronos, pola denuncia dun recruta de Santo Estevo de Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña), de planear o asasinato dos oficiais do seu acuartelamento.
Soterrárono o día 24 de outubro nunha fosa común no cemiterio de San Amaro, na Coruña, con Antonio Barreiro Méndez, Cristóbal Feliú Lourido, Manuel Ferreiro Novo, Juan González Horta, Tomás Longueira Bermúdez, Luis López Gómez, Luis Neira Suárez, Manuel Obelleiro Meijide, Manuel Pallarés Villares, Melchor Pita Díaz, Adolfo Ponte Rodríguez e Manuel Seoane Díaz.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.