Nacemento:
Morte:
Veciño do Val. Irmán de José Núñez Rodríguez, Francisco Núñez Rodríguez e Ramón Núñez Rodríguez, os tres asasinados pola Lexión.
Fuxido. Executado.
Cando se produce o golpe militar pasou ao Principado de Asturias co seu irmán Ramón e loitaron no 219º Batallón Galicia, 6ª Brigada Mixta, 2ª División do III Corpo de Exército de Asturias no exército republicano. Cando caeu a Fronte Norte regresaron á súa terra. Prendérono os franquistas e escapou do cárcere de Ourense.
Xulgado en consello de guerra en Lugo polo delito de rebelión, na causa 1555/37, co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía segundo resolución do día 07/11/1938.
En outubro de 1939 buscábano as forzas do I Terzo da III Bandeira da Lexión, que dirixía o entón tenente Sergio Peñamaría de Llano. Andar na súa procura deu como resultado os aforcamentos da súa moza, Remedios Rodríguez Cadórniga, e da nai desta, Concepción Rodríguez Cadórniga, o día 19/10/1939; penduráronas dunha cerdeira nas proximidades da súa casa, a vista de todos os veciños e despois de que as interrogaran e torturaran; logo tiveron o “detalle” de queimarlles a casa. A irmá de Remedios, Felicitas Rodríguez Cadórniga, salvouse de ser colgada ao non estar na casa no momento no que se cometeron os asasinatos, pois apañaba patacas en San Miguel de Xagoaza, O Barco de Valdeorras (Ourense).
Polos mesmos feitos do encubrimento de Gerardo tamén colgaron, o día 23/10/1939, a tres dos seus irmáns: José Núñez Rodríguez, 30 anos; Francisco Núñez Rodríguez, 28 anos, e Ramón Núñez Rodríguez, 25 anos.
Conseguiu pasar a Portugal e detívoo o día 05/03/1941, en Porto, a Garda Nacional Republicana (GNR) xunto con Rogelio Rodríguez López e Constantino Santos Morán. No enfrontamento morreron dous gardas e un lexionario portugueses. A estas tres persoas deportáronas a España.
Canto permanecían os tres na cadea, Celia Valle Valle, dona de Bailarín, tentou axudalos pasándolles armas para que, co apoio de guerrilleiros do exterior, fuxiran; cando descubriron tal pretensión, fusiláronos no Cuartel de San Francisco en Ourense en outubro de 1941.
Soterráronos aos tres nunha fosa común no cemiterio de San Francisco.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.