← Volver atrás

Otero Montes, Avelino

Alcume: Avelino, Manuel López
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento

Nacemento:

Barrio do Sello, Santa Mariña de Cabral, Vigo
(Pontevedra)
- 01/01/1917 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Santa Cristina de Lavadores
- 21/05/1947 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Xornaleiro, 19 anos. Veciño do barrio do Sello. Ao seu irmán maior José Otero Montes paseárono en 1936.

Militante do PCE e afiliado ao Ateneo Comunista de Cabral.

Fuxido. Encarcerado. Morte en enfrontamento.

Mobilizárono en 1937 os golpistas e logrou pasarse ao bando leal á República.

Detido polos sublevados en Valencia o día 31/03/1939 e condenado a prisión. Pasou por varios campos de concentración; saíu en liberdade vixiada en abril de 1942 e finalmente obrigárono o a incorporarse a un rexemento de Zaragoza. Pasou pola cadea de Mozarrifar (Zaragoza), saíu en liberdade vixiada en abril de 1942 e volveu a Cabral.

Reclamado de novo polas autoridades militares de Zaragoza decidiu botarse ao monte e integrouse no grupo de José García Molares, Maletas, en 1943.

No ano 1946 pasou ao Destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG), que mandaba Manuel Simón Campos, Xanote, e do que foi o seu secretario político.

Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.

Acusárono xunto con Manuel Simón Campos, Xanote, da morte do falanxista de Cabral, Eusebio Lago Campos, feito que acontecera o día 30/01/1947.

O dia 20/05/1947 houbo unha reunión da guerrilla na zona de Monte Poulo, Lavadores. Alertada a Garda Civil por un axente infiltrado no grupo, montaron un operativo no Alto de San Paio para sorprender aos líderes guerrilleiros cando regresaran da reunión.

Morreu o día 21/05/1947 en San Paio, preto de Lavadores, nun enfrontamento coa Garda Civil, xunto con Manuel Simón Campos; semella que se suicidaron cando se sentiron acurralados. Na acción detiveron a dous compañeiros: Ramón Villar Paz e Eladio Covelo Álvarez, e a varios enlaces. A operación relacionouse coa actuación dun axente infiltrado, posiblemente Alejo-Pablo Mora García.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.