← Volver atrás

Pardo Boas, Arcadio

Alcume: Arcadio de Candia
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

Abadín
(Lugo)
- 01/01/1915 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego, 21 anos. Solteiro. Veciño de Abadín.

Encarcerado. Exiliado.

No mes de novembro de 1938 Luis-María Trigo Chao, o Gardarríos, formou a Agrupación Tchapaief (ou Agrupación Chapa) na bisbarra de Ortegal e a Mariña, na provincia de Lugo; a primeira agrupación guerrilleira de Galicia.

Por esta agrupación pasaron, entre outras persoas: Mozart Campoamor García; Antonia-Josefa-Liria Díaz Pérez; Germán Méndez García; Víctor Otero, o Valiño; Arcadio Pardo Boas; Venancio Seoane Bouso e Modesto Vilar Insua, Modesto da Americana. Actuaban nas bisbarras de Ortegal e na Mariña lucense. A súa actividade guerrilleira comezou en 1939 no norte da provincia de Lugo, nas zonas de Lourenzá, Abadín, Viveiro e Mondoñedo.

Mantivo contactos na zona de Lourenzá (Lugo) para acubillar a Marcelino Fernández Villanueva, Gafas, coa axuda tamén de Mozart Campoamor García, Pin, e Trigo Chao.

Ingresado polos represores na Prisión Provincial de Lugo o día 13/08/1940.

Trasladado ao cárcere en Madrid o día 21/06/1941.

No ano 1952 exiliouse na República Arxentina, logo dun acordo co Goberno franquista.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha