← Volver atrás

Parga Gómez, Emilio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Exiliado

Nacemento:

A Coruña
- 01/01/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Casabranca
(Marrocos)

Biografía

Militar, 24 anos. Veciño da Coruña. Mariño da Armada, mariñeiro desde 1929 no buque de aprendizaxe Nautilus. En xullo de 1936 era cabo de artillería no cruceiro lixeiro Libertad.

Encarcerado. Exiliado.

Combateu no Exército Popular da República durante a guerra civil e promovérono a auxiliar alumno de artillería.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol (A Coruña) polo delito de deserción co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Ao remate da contenda española ingresárono nun campo de internamento en Bizerta (Tunes) e logo no campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunes). Saíran coa flota republicana desde Cartagena (Murcia) o día 05/03/1939.

Finalmente exiliase en Casabranca, onde se rexistra a súa morte.

Cando se produce o golpe militar a dotación do cruceiro Libertad prendeu á oficialidade golpista e fíxose co control do barco para a República. Axustizaron neses días o comandante do cruceiro Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, o 2º comandante Juan-Antonio Garat Rull e o alférez de navío Francisco-José Núñez Iglesias.

Á dotación do cruceiro, leal á República, procesárona ao remate da guerra civil cos seguintes castigos:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenciaron a cadea a: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos. Absolveron no proceso: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.