← Volver atrás

Pazos Rosales, Jesús

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Encarcerado

Nacemento:

Marín
(Pontevedra)
- 01/01/1907 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Estudante, 29 anos. Veciño da Coruña. Mariño da Armada, auxiliar alumno de artillería pola súa quinta no cruceiro lixeiro Libertad.

Fuxido. Encarcerado.

Xulgado en consello de guerra en Cartagena (Murcia) polo delito de rebelión militar co resultado de sentenza a seis anos e un día de prisión.

Interno na Prisión do Departamento Marítimo de Cartagena, os franquistas publicaron a súa liberdade condicional provisoria no BOE nº 76 do día 17/03/1943. En liberdade desde o anterior día 1.

Tiña unha causa aberta en Ferrol polo delito de deserción (non se ter presentado a filas) na que ditaron o seu sobresemento definitivo no ano 1944.

Cando se produce o golpe militar a dotación deste cruceiro Libertad prendeu á oficialidade golpista e fíxose co control do barco para a República.

Finaron axustizados neses días o comandante do cruceiro Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, o 2º comandante Juan-Antonio Garat Rull e o alférez de navío Francisco-José Núñez Iglesias.

Á dotación do cruceiro procesárona os franquistas ao remate da guerra civil, cos seguintes castigos:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Castigaron a cadea a: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Tamén pasaron pola cadea: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos, e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos.

Absolveron no proceso a: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.