Nacemento:
Morte:
Zapateiro, 32 anos. Veciño de Santa Cristina de Lavadores, Vigo.
Militante do PCE en Vigo.
Fuxido. Desaparecido.
Foxe ao monte no ano 1936 despois do alzamento fascista.
Xulgado en Vigo por formar parte de partidas armadas co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.
Formou parte da partida guerrilleira dos irmáns Rogelio García Molares, o Maletas, e José García Molares; tamén formaban parte desta partida: Manuel Simón Campos, o Xanote; Manuel Rodríguez Fernández, o Coxo de Cabral, e Guillermo Santos Caride, Quique; Abraham Loriente Sánchez, o Madrileño, entre outras persoas, e que actuaban na zona de Vigo.
A José García Molares, acusárono con Julio Guillén Biel, o Biel; Ramón Pereiro Antelo e José-Luis Quintas Figueroa da morte do garda xurado Manuel Pereiro Bernárdez.
Procesado na causa 771/39 con José García Molares.
O día 21/09/1940 escapou dunha redada con José García Molares e na que caeron moitos dos seus compañeiros.
Este grupo desfíxose no ano 1940.
Procesado en abril de 1943 polo delito de roubo e asasinato do garda cívico Fructuoso Costas Giráldez, quen asasinara a Manuel González Fresco.
Estivo desde 1945 no Destacamento Paco Barreiro da V Agrupación do Exército Guerrilleiro de Galicia (EGG) e participou nos poucos golpes que deu este grupo.
Por este destacamento pasaron: Agustín Álvarez Araujo; Basilio Calvar Solla, o Roxo de Domaio; Estanislao Cantero Izquierdo; Urbano Fernández Bastos, Fotógrafo, Roque; José García Molares, Maletas; Aurelio Gil Méndez; Avelino Otero Montes, Avelino; Ramón Pereira Antelo, o Parrillero; Claudio Rodríguez Vázquez, Penís, Crispín, e Manuel Simón Campos, Xanote.
Ramón desaparece no ano 1946, ao pouco e integrarse no Destacamento Paco Barreiro.
Para ofrecer as mellores experiencias, empregamos tecnoloxías como as cookies para almacenar e/ou acceder á información do dispositivo. O consentimento para o uso destas tecnoloxías permitirános procesar datos como o comportamento de navegación ou identificadores únicos neste sitio web. Non consentir ou retirar o consentimento pode afectar negativamente a determinadas funcións e características.
Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.