← Volver atrás

Pereira López, Arturo

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Paseado

Nacemento:

San Vicente de Regoela, Cabanas
(A Coruña)

Morte:

Santa Mariña de Sillobre, Fene
(A Coruña)
- 05/09/1936 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Veciño de Regoela. Irmán de Juan Pereira López, tamén paseado. Curmán de Antonio Vilar Pereira, fuxido no Santa Teresa.

Fuxido. Paseado.

Denunciado polo veciño de Regoela e falanxista Santiago García Rodeiro.

Detido na emboscada dos falanxistas da noite do 4 ao 05/09/1936 con varios compañeiros, cando se achegaran á casa da súa avoa, Francisca Pereira, nos Xicos, Regoela. Alí se congregaran Amador Barcia Fernández, Xicos; Arturo Pereira López e Juan Pereira López; Jesús Bouza Pereira; Baltasar López Ardao, Baltasar de Zacotos, e Joaquín Torres Sas, o Soldado. Os falanxistas tiñan rodeada a casa, agochados nun alpendre. Ao descubrilos, Baltasar saíu correndo e matárono; ao resto prendéronos.

Antes do amencer saíron cara Sillobre. A altura de San Marcos, Amador sacou unha navalla que levaba no peto, librouse das ataduras e conseguiu saltar do camión que os levaba ao cemiterio de Sillobre, onde ían fusilalos. Conseguiu liberar a Torres e a Arturo Pereira. Arturo ao comprobar que o seu irmán Juan seguía amarrado, dubidou e prendérono. Amador e Torres fuxiron cada un polo seu lado. Joaquín Torres acadou o río Belelle e agochouse; Amador fuxiu da zona. A Jesús Bouza, a Arturo Pereira e a Juan Pereira asasináronos no cemiterio de Sillobre; Juan non tiña os 18 anos.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha