← Volver atrás

Porta Rico, Eugenio

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Exiliado. Encarcerado

Nacemento:

Ferrol
(A Coruña)
- 03/11/1912 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

Périgueux
(Francia)
- 08/01/1987 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Militar, 23 anos. Mariño da Armada, no ano 1936 era cabo de artillería no cruceiro lixeiro Libertad, promovido a auxiliar alumno de artillería e director de tiro no mesmo barco.

Fuxido. Exiliado. Encarcerado.

Loitou na Armada republicana durante a guerra civil.

Xulgado en consello de guerra en Ferrol co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía.

Cando se produce o golpe militar a dotación deste cruceiro prendeu á oficialidade golpista e fíxose co control do barco para a República. Finaron axustizados neses días o comandante do cruceiro Hermenegildo Franco Salgado-Araujo, o 2º comandante Juan-Antonio Garat Rull e o alférez de navío Francisco-José Núñez Iglesias.

A esta dotación procesárona ao remate da guerra da guerra civil cos seguintes castigos:

Condenaron á pena de morte a: Ramón Gómez Prieto, 32 anos, fogueiro preferente e Enrique Gradaille Vilaboy, 26 anos, cabo de mariñeiría.

Sentenciaron a cadea a: o cabo de mariñeiría José Fonticoba Díaz, 22 anos, a 12 anos e un día e os mariñeiros Juan Rodríguez Crespo, 20 anos, a 12 anos de cadea; Jesús Pazos Rosales, 29 anos, a seis anos e un día; Valentín González Martínez, 32 anos, a dous anos, e Basilio González Álvarez, 23 anos, a un ano.

Remataron presos de guerra: José Leira Regueiro, 20 anos, fogueiro, e os mariñeiros José Lorenzo Brage, 20 anos e Benjamín Pampillón Davila, 30 anos.

Declararon fuxidos e en rebeldía a: o alférez de navío José-Luis Souto López de Neira, 28 anos; o auxiliar de artillería Víctor San Telesforo Villar, 24 anos; o maquinista naval Enrique Varela Casas; os cabos Abelardo Fernández López, 24 anos; Pedro Fernández Montero, 33 anos; Emilio Parga Gómez, 24 anos e Eugenio Porta Rico, 23 anos, e os mariñeiros José Rodal Blanco, 22 anos e Antonio Vázquez Fernández, 19 anos.

Absolveron no proceso a: os cabos Jesús Allegue Dopico, 22 anos; José Bértola Canosa, 22 anos; Manuel Lorenzo Eiras, 22 anos e Constantino Ríos Ramil, 23 anos, e os mariñeiros Cándido Barreiro Pena, 22 anos; Alejandro Leal Pacheco, 24 anos; Juan-Antonio Meizoso Casal, 28 anos e Lisardo del Río Pazos, 22 anos.

Pola súa participación no afundimento do cruceiro pesado rebelde Baleares recibiu a placa republicana de valor.

Marchou coa frota republicana o día 05/03/1939 desde Cartagena (Murcia) cara Bizerta (Tunes); pasou polo campo de concentración de Meheri-Zebbeus (Tunes), de onde o destinaron a varios campos de traballo. Viviu en Tunes ata a independencia deste país e, logo, marchou a Francia.

Morreu en Francia e soterrárono en Ferrol, segundo a súa vontade.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.