← Volver atrás

Puentes Antón, Álvaro

Alcume: o Coxo do Menor
Perfil histórico: Guerrilleiro, Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Fuxido. Asasinado

Nacemento:

Xabariz Santa Olaia de Soaserra, Cabanas
(A Coruña)

Morte:

O Couce, San Pedro de Eume, As Pontes de García Rodríguez
(A Coruña)
- 27/09/1940 ? No caso de non coñecer o día e o mes da morte, estableceuse o 01/01

Biografía

Político. Veciño de Cabanas.

Militante da Unión Republicana (UR). Nomeado alcalde de Cabanas en febreiro de 1936 pola Fronte Popular (FP). O día 09/03/1936 constituíuse a corporación municipal, baixo a presidencia de Celestino Sardiña Navarro, delegado do Goberno Civil. Desenvolvía este cargo cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Cabanas de 1936, entre outras persoas, a: Manuel Buhigas Novo, asasinado; José-María Saavedra Sardiña, encarcerado; Juan Pereiro Maceiras, asasinado; Nicolás Sánchez Marín, encarcerado; Juan Eiroa Sánchez, encarcerado, Ramiro Martínez López, encarcerado; Evaristo Eive Vilar, exiliado.

Fuxido. Asasinado.

Cando o golpe de Estado logrou fuxir e agocharse nunha cabana dunha familia no Couce, nas fragas do Eume, por catro anos; entón O Couce pertencía ao concello da Capela (A Coruña). Con el tamén fuxiron os concelleiros Martínez López e Eive Vilar. Os golpistas non atacaron Cabanas ara o 30 de xullo e iso permitiu a fuxida de moitos políticos republicanos.

Pertenceu ao grupo de escapados de Soaserra, entre os que tamén se contaban o seu curmán Manuel Piñeiro Antón, Manolo do Menor, e o cuñado deste, Amador Barcia Fernández, Xicos.

Asasinado polas costas polo infiltrado da Garda Civil, Hilario Pereira Rodríguez, no seu agocho do Couce, xunto co seu compañeiro Eduardo Prieto Alvariño. Estaban a preparar a saída cara Portugal.

Morte rexistrada por mor de disparo de arma de fogo segundo os resultados da autopsia.

Soterrárono nunha fosa común no cemiterio de San Pedro de Eume.

Coa restauración da democracia a Corporación Municipal de Cabanas rendeulle unha homenaxe e colocou unha placa co seu nome na escola das Viñas, placa que despois desapareceu.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha