← Volver atrás

Rivas Martínez, Ramón

Perfil histórico: Represor

Datos persoais

Situación: Represor

Nacemento:

Ourense

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Militar. Estudou na Academia de Enxeñeiros de Guadalaxara. Oficial da arma de Enxeñeiros.

Represor.

O día 18/10/1948, cando era tenente coronel de Enxeñeiros, xefe do Batallón de Transmisións do VIII Corpo de Exército de Estremadura, presidiu un consello de guerra sumarísimo na Coruña na causa 370/48.

As sentenzas deste proceso foron as de pena de morte para: José Gómez Gayoso, Antonio Seoane Sánchez, e José Bartrina Vilanueva (conmutada pola de cadea perpetua); Juan-José Romero Ramos, cadea perpetua; María Blázquez del Pozo, 30 anos de cadea; Josefina González Cudeiro, 25 anos de cadea; tamén condenaron a penas de prisión a Clementina Gallego Abeledo, Carmen Orozco Muñoz, José Rodríguez Campos. Tamén procesaron outros enlaces.

O xuízo foi unha farsa, sen probas nin testemuñas. A José Bartrina, ao que tamén condenaran á pena de morte, conmutáronlla pola de cadea perpetua e morrería na prisión de Alcalá de Henares (Madrid) por mor de falta de coidados médicos.

O día 06/11/1948 executaron a Gayoso e a Seoane.

Rivas Martínez acadou o grao de xeneral de división durante o franquismo.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha