← Volver atrás

Rodríguez Caamaño, Cándido

Perfil histórico: Vítima da represión

Datos persoais

Situación: Encarcerado. Sancionado

Nacemento:

Ogas, San Xoán de Cambeda, Vimianzo
(A Coruña)
- 01/01/1899 ? No caso de non coñecer o día e o mes de nacemento, estableceuse o 01/01

Morte:

lugar descoñecido

Biografía

Labrego e político, 37 anos. Veciño de Ogas.

Concelleiro de Vimianzo nas eleccións municipais de 1936 por Esquerda Republicana (ER), da que era presidente nesta localidade. Desenvolvía a concellería cando se produce o golpe de Estado.

Tiña como compañeiros na Corporación de Vimianzo de 1936, entre outras persoas, a: José Castro Miñones, sancionado; Manuel Vidal Martínez, executado; Alejandro Lema Trillo, fuxido; Víctor Vázquez Varela, sancionado; José Alborés Gándara (alcalde), encarcerado; Julio Moreira Gándara, sancionado; Antonio Gándara Oreiro, sancionado; José Ogando Lage, sancionado; José Lavandeira Valiña, sancionado; Ramón Suárez García, sancionado; José Caamaño Lema, executado; Manuel Alborés Gándara, executado.

Encarcerado. Sancionado.

Xulgado en consello de guerra na Coruña polo delito de rebelión, na causa 515/37, co resultado de sentenza a cadea perpetua.

Neste xuízo castigaron a cadea perpetua a: Eliseo-Antonio Lastres López, José Mouzo Díaz e Cándido Rodríguez Caamaño; penas de 20 anos de cadea para: Jesús Conde Lema e Manuel Lorenzo Pérez; sentenzas de 12 anos de prisión para: José Lorenzo Pérez, Manuel Lourido Pérez, Andrés Tajes Miñones e José Tajes Tajes; ditaron auto de absolución para Fernando Broncano Ciprián.

Castigado cunha multa de 13.000 pesetas.

Pena ordinaria conmutada pola comisión de exame de penas da Coruña.

Axúdanos a mellorar

Titular do sitio web: Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña. Finalidade: Procesar, xestionar e responder ás solicitudes de información ou comunicacións realizadas a través deste formulario. Base xurídica: Consentimento do usuario ao usar a ferramenta. Destinatarios: Os datos que me envías almacénanse nos servidores de Lucushost. Podes consultar a súa política de privacidade aquí. Dereitos: Podes acceder, rectificar e suprimir os teus datos. Consulta a nosa política de privacidade.

Envía unha nova ficha